29 may 2013

O presidente da Xunta inverte agride á oposición coa conivencia da presidenta do Parlamento

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia o comportamento nas súas comparecencias parlamentarias do presidente da Xunta, quen inverte os roles, non responde ás preguntas, e agride e descualifica á oposición por exercer as súas funcións. A Presidencia da Cámara, no entanto, nunca o chama á cuestión nin, de ser o caso, á orde.
Pleno após pleno, a presidenta do Parlamento coarta sistematicamente os dereitos da oposición e non é quen de cumprir as funcións arbitrais do seu cargo. Esta mañá, unha vez máis, Pilar Rojo deu un recital de como non levar un debate na Cámara e de como, no canto de exercer a imparcialidade, converterse nun axente ao servizo do Partido Popular. As chamadas á orde aos parlamentarios da oposición sucédense de maneira arbitraria. Mentres, nas bancadas da dereita, ateigada de hooligans que patean os escanos cada vez que un deputado de AGE, PSdeG ou Bloque exerce a crítica á Xunta, todo transcorre sen que Rojo as chame á orde. Hoxe, ademais e de maneira totalmente unilateral, a presidenta do Parlamento decidiu expulsar á deputada de Alternativa Chelo Martínez e volveu amosar a súa absoluta falta de imparcialidade e as diferentes vara de medir que emprega ante o grupo que apoia ao Goberno e os grupos que non o fan.

28 may 2013

Xosé Manuel Beiras denuncia “as aventuras demenciais” en que se embarcaron as caixas e “a fraude sen control” das preferentes

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda equipara as normas do Goberno de Rajoy cun imaxinario apoio aos gangsters no Chicago dos anos vinte e trinta

As denominadas participacións preferentes, unha estafa organizada por bancos e caixas e posibilitada pola lasitude ética do neoliberalismo que afecta a 85.000 persoas en Galicia, foron “unha fraude sen control ningún”. Así o expresou o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, quen se preguntou “onde estaba daquela o Banco de España, cando comezou este crime social na época do que o chorado Sampedro chamaba o aznarato”. AGE apoiou cos seus votos unha proposición de lei do BNG para garantir a devolución íntegra do valor nominal das participacións, finalmente respaldada por toda a Cámara.

27 may 2013

Fracaso histórico da Xunta ao non evitar que Alimentos Lácteos entrase en concurso de acreedores

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) quere manifestar a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos S.A. que hoxe entrará en concurso de acreedores despois de moitos meses nos que se lle esixiu a Xunta de Galicia que fixera fronte a súa responsabilidade xa que nesta empresa investiuse máis de 9 millóns de euros dos fondos públicos e agora deixase caer sen facer nada por evitalo.


O deputado de AGE, Antón Sánchez, lembra que son máis de mil os gandeiros aos que se lles deben cartos con débedas millonarias. Así mesmo, a entrada en concurso de acreedores deixará sen traballo a 81 traballadores e traballadoras no que se traduce nun fracaso histórico para o sector que fará moi difícil a creación dun novo grupo lácteo galego cando o problema real xurdiu na propia creación de Alimentos Lácteos cunha mala planificación e xestión que condenaba ao fracaso o proxecto desde os seus orixes.
Unha vez máis a Xunta de Galicia, coa súa inacción, amosa a súa insolidariedade cos galegos e galegas e manifesta as súas prioridades que están moi lonxe de loitar polos dereitos do noso país e por traballar por que Galicia teña un futuro sostible e moito máis preto de garantir, sen importar o custe, os beneficios das grandes empresas.

AGE solicita ao Parlamento o informe do delegado do Goberno sobre a represión ás traballadoras de Cuca

  Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Juan Fajardo, solicitou o informe que o delegado do Goberno se comprometeu a remitir ao Parlamento sobre a brutal represión da Policía Nacional ás traballadoras de conservas Cuca, en Vilaxoán. “Non é de recibo tal brutalidade”, denuncia de novo Fajardo. Os sucesos ocorreron o mes pasado, cando axentes denominados antidisturbios ocuparon o casco urbano de Vilaxoán á altas horas da noite para escoltar o empresario de Cuca, quen desmantelou a maquinaria da factoría malia se atopar o conflito baixo proceso xudicial. O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, e máis o parlamentario Fajardo entrevistáronse daquela con Samuel Juárez, delegado do Goberno. Este prometeu remitir un informe sobre o sucedido ao Parlamento de Galicia. Ese é o documento que AGE agora reclama.

23 may 2013

Ao Partido Popular non lle importan nin os veciños, nin a súa saúde, nin o seu acceso a un ben básico como é a auga potábel

Alternativa Galega de Esquerda esixe a demolición do encoro do Umia, ao que se nega un PP que frivoliza co tema. O deputado Juan Fajardo denuncia que a infraestrutura non garante nin parar as enchentes do río nin a auga potábel e alerta de que as crises por microcistite poden volver producirse. 


Ao Partido Popular non lle importan nin os veciños, nin a súa saúde, nin o seu acceso a un ben básico como é a auga potábel. Volveuno demostrar esta mañá cando se negou a apoiar unha proposición non de lei de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) que, respaldada polo BNG tras unha transacción, esixía demolición do encoro do río Umia. “Nin garante que non haxa enchentes nin garante a auga potábel aos habitantes da zona”, denunciou o deputado Juan Fajardo, “e as crises pola microcistite poden volver producirse”. Hai sete anos que a superficie da auga do encoro tínxese de verde por mor desta alga tóxica que prolifera en augas encoradas.

22 may 2013

O PP leva unha década enganando aos veciños e veciñas do Salnés

Alternativa Galega de Esquerda denuncia os enganos do PP durante toda unha década relativos á ampliación do hospital do Salnés.

O 21 de decembro de 2010Feijoo comprometeuse
 en Vilagarcia a licitar a ampliación do Hospital do Salnés
 "nas proximas semanas" (preme aqui). Tres anos despois
o Hospital segue do mesmo tamaño que entón
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denunciou a estratexia de engano que mantén o Partido Popular desde hai máis dunha década no que ano tras ano comprométese a ampliación do hospital do Salnés sen chegar nunca a nin tan sequera iniciar as obras nin existir un proxecto. “O proxecto de ampliación do hospital debeu pasar pola trituradora como os contratos de Marcial Dorado” ironizou o deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, unha vez máis incumpre coa palabra dada aos veciños e veciñas do noso país e continúa instalado no engano e na inacción sen resolver os problemas de Galicia. Así mesmo, Alternativa Galega de Esquerda considera que os constantes compromisos anunciados por parte da deputada do grupo parlamentar do PPdeG, Marta Rodríguez Arias, anunciando partidas orzamentarias para a ampliación que nunca rematan por se executar, inhabilitan directamente a esta deputada para se considerar representante dos veciños e veciñas de Vilagarcía.
Alternativa Galega de Esquerda considera inaceptable que o PP se escude a día de hoxe na existencia de catro recursos contra esta obra sen aportar nin un só datos sobre a procedencia destes recursos nin as cuestións polas que se opoñen á ampliación. Ante a inoperancia do PP e as súas continúas mentiras, Alternativa Galega de Esquerda esixe a inmediata ampliación do hospital do Salnés que solucione a precaria situación na que se atopa na actualidade que se ve agravado na tempada estival co aumento de poboación nesta zona durante os meses de verán mentres que no hospital se resposta pechando camas.

21 may 2013

Beiras afirma que só “a xente en pé de guerra cívica” será quen derematar coas agresións do poder


“O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento”, denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, “xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade”. Para o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o partido de Alberto Núñez Feijóo non fai outra cousa ca “marear a perdiz” e perder o tempo con cuestións burocráticas e de protocolos. Mentres, na rúa, a cidadanía do común, as clases traballadoras, sofren as consecuencias materiais terríbeis dunhas políticas decididas en instancias que non responden á vontade popular e que o PP aplica cun entusiasmo case sádico.


Nesta situación, Alternativa ten claro o diagnóstico. Expresouno Beiras: “A única solución é que a xente se poña en pé de guerra, civicamente, porque é indecente como están mallando nas clases traballadoras”. A saída ao impasse político e social, daquela, procederá da mobilización e da protesta, do que o portavoz de AGE denomina “ruptura democrática”. “Non creo que este réxime corrupto teña saída, non creo que se poida solucionar a corrupción no actual réxime, non creo que esta cámara de representantes poida volver ser cámara de representantes”, considerou, “así que unicamente unha ruptura democrática pode rematar con esta podremia”.


20 may 2013

A dura realidade dos recortes no gasto en Productos Alimenticios no Concello de Cambados


Os recortes que esta a levar disimuladamente o Concello de Cambados na Liquidación de Gastos dos Orzamentos en Acción Social por parte do goberno do Partido Popular, levanos a ver imaxes coma estas todolos días nas ruas de Cambados. 

Dende Anova Cambados estamos en contra dos recortes en acción social por parte do Concello de Cambados, pero o que realmente nos chama a atención, é a forma que se utiliza para maquillar estes recortes por parte da administración local, xa que nestes últimos anos non se cheguou a consumir a totalidade do orzamento en Productos Alimenticios da partida municipal de acción social que se destina a este gasto en Cambados, cando nos atopamos nunha situación de crise económica como a que estamos a vivir. 

Polo que dende Anova Cambados nos sentimos na obriga de denunciar a situación na que nos atopamos, xa que nos últimos tres anos dos que son públicas as Liquidacións de Gastos dos Orzamentos Municipais, 2009, 2010 e 2011, a partida presupuestaria dentro de Acción Social, destinada para atender as necesidades básicas de alimentos a moitas familias deste concello, non foi esgotada en ningún destes anos, destinando estés fondos a cubrir excesos doutras partidas presupuestarias na que o gasto foi maior o orzamentado inicialmente, e que para o goberno do PP son mais importantes.


17 may 2013

Anova Cambados, o día das Letras Galegas

Anova Cambados quere rendir un pequeno homenaxe O Poeta da Raza no día das Letras Galegas.

Acción Galega 



¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
a Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo señorial!

Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó val.

16 may 2013

A Xunta de Galicia non respecta a nosa lingua nin os dereitos laborais do profesorado dos Celga


   Alternativa Galega de Esquerda (AGE) amosou o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras dos cursos de certificación en lingua galega ‘Celga’ que denunciaron esta mañá en rolda de prensa o absoluto fracaso do proceso normalizador da lingua galega por parte da Xunta de Galicia. Os portavoces do colectivo, Lorena López e Anxo Otero, acompañados ddos deputados dos tres grupos parlamentares na oposición ( Ramón Vázquez por AGE, Vicente Docasar por PSdeG e Ana Pontón polo BNG), dos sindicatos (CIG, CUT e STEGA), da Mesa Pola Normalización e a Coordinadora de traballadores da Normalización da Lingua, o colectivo de profesores puxo de manifesto a precaria situación laboral na que se atopan sen contrato, nin seguro, nin seguridade de se van ter ou non traballo entre outras moitas cuestións.

   A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a someter a medio millar de profesores e profesoras inscritos nas listas de contratación a unha insostible situación de precariedade pola que non saben cando van comezar a traballar, canto van a cobrar ou cando van a recibir o salario. Por todos isto, esixen a creación

15 may 2013

Os embustes de Feijóo sobre a súa relación con Marcial Dorado non teñen límite


Alberto Núñez Feijóo segue sen ofrecer explicacións a fondo da súa amizade co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado nin dos contratos da trama empresarial deste coa Xunta de Galicia. A unha nova pregunta da viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, na sesión de control do Parlamento, o presidente da Xunta negouse a responder e faltou ao respecto desas institucións que tanto di defender. “Vai entregar vostede os contratos con ese entramado empresarial que tan ben coñece? Porque queremos os contratos e non esa trapallada de relación de pagos nun documento de word que nos deu”, afirmou Díaz. Por resposta, Feijóo deu unha nova virada ao esperpéntico relato co que intenta xustificar as súas amizades perigosas e asegurou, un mes e medio despois de que o escándalo saíse na prensa, que eses contratos non existe porque a Xunta os destrúe pasados dez anos.

Non foi o único embuste, que parecen non ter límites, do xefe do Executivo galego. “Vostede mentiu cando dixo que non sabía a que se dedicaba Marcial Dorado e que llo preguntou ao seu amigo Manuel Cruz”, interrogou a viceportavoz de Alternativa, “pero vostede si sabía quen era Cruz, un guerrilleiro de Cristo Rey, que andaba con pistola, un conseguidor para o PP ás ordes de Romay Beccaría”. O único que atinou a afirmar Feijóo foi a, nunha perversa prostitución da linguaxe, chamar “violentos” aos deputados de AGE e pedir, con esa solemnidade impostada que é o único que parece dominar, desculpas a Galicia “pola coalición electoral de AGE”. Para Yolanda Díaz e o grupo parlamentario de Alternativa, só existe unha saída e así o expuxeron no hemiciclo: “Vostede non é limpo nin honesto, porque minte aos galegos reiteradamente e ten amizades perigosas, só lle queda dimitir e que corra a lista do PP”.

14 may 2013

Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns“mentres non se converten en súbditos”



Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns “mentres non se converten en súbditos”. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que a conselleira de Facenda “ten o mérito dos computadores, métenlle o programa e recítao sen importarlle o que acontece”

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, realizou unha inocua comparecencia no Parlamento de Galicia para, teoricamente, explicar as liñas de traballo do seu departamento. Pero o que expuxo foi unha serie de lugares comúns do ultraliberalismo, o sometemento da Xunta ao débedocracia e aos mandados da troika e unha brutal insensibilidade respecto do sufrimento e a dor que as súas políticas causan nas maiorías sociais. “O que acontece é que para vostedes os cidadáns son superfluos”, acusou Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “polo menos mentres non sen converten en súbditos”.

O Concello de Cambados segue a moda de restrinxir o acceso os veciñosnos plenos coa escusa de limitar o aforo por seguridade no salón ondese celebran.


Anova Solicita que si se preve aforo se trasladen os plenos municipais o Auditorio da Xuventude.


Dende o Grupo Local de Anova – Irmandade Nacionalista no concello de Cambados, sorpréndenos a medida oportunista que acaba de tomar o goberno municipal do Partido Popular, ao limitar o aforo no salón de plenos do Concello de Cambados a un máximo de 50 persoas, nun novo intento de limitar o dereito dos veciños a poder acceder a democracia, e a escoitar a viva voz as decisión que alí se toman.


Este tipo de medidas, a par de oportunistas coma antidemocráticas, de limitación dos dereitos dos veciños por parte do grupo de goberno do Partido Popular no Concello de Cambados, son una clara continuación a outras medidas que xa se tomaron tempo atrás, como a polémica denegación por parte do Alcalde, Luis Aragunde, a gravación dos plenos por medios audiovisuais, alegando a existencia de varias sentencias que así o ratifican, pero cando a realidade e totalmente distinta, existindo numerosas xurisprudencia na que si se permite a gravación dos plenos o tratarse de actos públicos, e que deberían chegar o maior numero de veciños, quedando claro que os nosos dirixentes non lles interesa, e impón coa súa maioría o maior numero de trabas legais posibles para que os veciños non estean informados das decisións que o goberno municipal do Partido Popular levan adiante utilizando o rodillo da maioría absoluta.

13 may 2013

Dende o Grupo Local de ANOVA – I.N. en Cambados mostramos o nosoasombroe malestar polo estado no que se atopan as instalacióndeportivasmunicipais do Pombal durante o transcurso do Campionato deEspaña deClubs de Baloncesto da categoría Xuvenil.

Dende Anova Cambados queremos facernos eco das queixas do publico e participantes do Campionato de España de Clubs de Baloncesto de categoría xuvenil que se está a celebrar en Cambados dende o dia 12 de maio e no que participan equipos de toda España.

Segundo nos informaron varios dos participantes o Concello non limpou as instalacións dende o inicio do torneo como se pode comprobar polas fotos anexas, demostrase unha total falta de limpeza das mesmas, con restos de comida polo chan e as gradas,  coas papeleiras desbordadas e cos aseos e vestiarios nunhas condiciona hixiénico -sanitarias vergonzosas.
En ANOVA. Preguntámonos, se é esa a imaxe que o PP e Luís Aragunde queren dar de Cambados? Tan difícil era organizar a limpeza das instalacións durante a celebración do torneo? E esta a colaboración que presta o Equipo de goberno aos Clubs que levan o nome de Cambados e organizan actividades para traer a nosa vila xente de fora? Para nos que estamos diante dun novo exemplo do pasotismo e falta de atención que demostra o equipo de goberno.


A este tipo de Campionatos acoden equipos de distintas partes do Estado, e ademais dos membros do club, asisten tamén familiares, sen esquecer os propios  medios de comunicación desas rexións así coma da Federación Española de Baloncesto, polo que nestes días vese unha gran afluencia de publico en xeral nas instalacións do Pombal. Dende o grupo local de Anova entendemos que este aumento da afluencia de publico, debe levar consigo un reforzo nas tarefas de limpeza e mantemento do recinto. En troques, atopámonos cunha total falta de previsión por parte do Concello de Cambados, pois non se tomou ningún tipo de medida de reforzo na limpeza das instalacións por parte do equipo de goberno do partido Popular.

10 may 2013

AGE pide a elaboración dun plan específico de inspección das grandes fortunas


Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou unha Proposición non de lei no Parlamento de Galicia na que se insta á Xunta ao cumprimento do Plan Xeral de control tributario e a inclusión dun plan específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos para a comprobación, investigación e inspección tributaria da realización de operacións mercantís e transmisións patrimoniais que puideran ter a finalidade fraudulenta de minorar o pago de impostos, en especial o de Patrimonio e de Transmisións patrimoniais.

O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, destacou en rolda de prensa o nulo esforzo por parte dos gobernos do PP por combater o fraude fiscal mentres que reclama paciencia aos cidadáns e os ataca con continuos recortes. “Se rexeitan a iniciativa e non levan a cabo un plan de control tributario das grandes fortunas, quedarán sen escusa para dicir que non hai posibilidade de incrementar os ingresos” 

9 may 2013

Dende o Grupo Local de ANOVA – I.N. en Cambados consideramos que non exusto o reparto das subvencións municipais a ENTIDADES SEN FIN DE LUCROpara o ano 2013.



Dende Anova Cambados mostramos publicamente o noso desacordo co reparto que se fai cos orzamentos do Concello de Cambados, froito da recadación dos impostos e taxas municipais que sufrimos tódolos cidadáns, e que lonxe de estar destinados a afrontar os problemas actuais dos veciños do concello, destínanse a subvencionar unha serie de gastos de entidades municipais sen animo de lucro, consideramos que dun xeito irreal , desconocedor da realidade social cambadesa.

Pódese comprobar no BOP publicado o Xoves 9 de maio de 2013, que o Concello de Cambados publica a convocatoria das axudas a entidades sen ánimo de lucro, con cargo ó orzamento municipal, que non está dirixido a solucionar problemas reais, amosando eso sí, un xeito rotineiro de xestionar o mesmo, que indica un pasar da realidade sen pararse a ver o´darredor, é evidente que as cantidades non se priorizan e ademais de non meditadas indican o desconocimento do governo do PP da realidade é palmaria, indicanno as cifras publicitadas no BOP:

• 323.481.00 transferencias a Becas de Estudios: ..........................................................7.000,00 €
• 232.489.00 transferencias a entidades benéfico-asistenciais: ....................................30.000,00 €
• 324.489.00 transferencias para actividades complementarias de educación: ……….. 5.100,00 €
• 334.489.00 transferencias a entidades culturais:......................................................... 5.700,00 €
• 337.489.00 transferencias ocio e tempo libre:...............................................................6.200,00 €
• 338.489.00 transferencias para festas populares: ........................................................3.000,00 €
• 341.489.00 transferencias a entidades deportivas:.....................................................65.000,00 €

8 may 2013

Anova chama á participación na xornada de folga no ensino o 9 de maio


Anova fai un chamamento á participación na folga xeral no ensino, convocada para o 9 de maio en protesta pola LOMCE, unha lei inxusta, sexista, centralista e antidemocrática.
Dende Anova, reafirmamos o noso compromiso co ensino público, universal, de calidade e gratuíto. Porque sen igualdade de condicións de acceso ao ensino non hai igualdade real nin hai liberdade de pensamento. Ensino público é, polo tanto, democracia real.

7 may 2013

O PP négase, unha vez máis, a que Rueda explique a represión ás traballadoras de Conservas Cuca

Unha vez máis, o PP emprega a súa maioría para impedir que o Parlamento funcione como debe: como a Cámara en que os representantes electos renden contas ante a cidadanía. A dereita negouse, de novo, a que o vicepresidente da Xunta, responsábel de Xustiza e Interior, Alfonso Rueda, compareza no Hórreo para explicar por que a policía nacional bateu nas traballadoras de Conservas Cuca en Vilaxoán. Os denominados antidisturbios fixeron de garda de corps do empresario, que entrou na factoría para retirar a maquinaria cando esta se atopa mergullada nun conflito xudicial. As chamadas forzas de orde pública serviron de parte do propietario. Alfonso Rueda, como membro da Xunta con maiores atribucións en materia policial, non quere falar sobre o acontecido no Parlamento.

6 may 2013

O PP segue sen facer nada para acabar coa dramática destrución deemprego


Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta de Galicia que elabore de xeito urxente un Plan de emprego para evitar a dramática situación de destrución de emprego que se está a vivir no noso país e que semella querer alentar o PP coas súas políticas de recorte.

A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, asegura que “o verdadeiro obxectivo do Partido Popular semella ser seguir engrosando as listas do paro co fin de ter un exército de reserva e deste modo 
poder xustificar unha baixada dos salarios”.

Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) “que son os únicos que poden servirnos de guía”, reflicten que o noso país supera a cifra das 270.000 persoas en situación de desemprego o que sen dúbida esixe de xeito inmediato un cambio nas políticas xa que nin unha soa das medidas impulsadas polo PP sitúanse na liña da creación de emprego senón máis ben todo o contrario contribuíndo aínda máis a súa destrución.

3 may 2013

O Grupo Local de ANOVA – IN en Cambados rexeita a instalación da CarpaGastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DOALBARIÑO 2.013

Entende que esta medida perxudica a Hostelería local, xa bastante afectada pola crise e a suba de impostos.


Carpa do Albariño Público Xeral

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados queremos manifestar públicamente que non estamos de acordo coa aprobación pola Xunta de Goberno do Concello de Cambados, en sesión do 11 de marzo de 2013, do concurso para a adxudicación da explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013.

De todos e sabido a mala situación na que se atopa a hostalería no concello de Cambados, e o continua sangría de peche de negocios, que non son capaces de aguantar a diminución dos ingresos que están a sufrir.  So fai falla dar un pequeno paseo polas rúas do centro de cambados, e observar a cantidade de establecementos de hostalería que se atopan pechados, e como cada dia vai aumentando pouco a pouco esta lista, co aumento de desemprego que implica.

AGE traslada ao Fiscal superior de Galicia toda a información sobre oacontecido en Conservas Cuca


Tras o encontro que tivo lugar onte co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, e o deputado, Juan Manuel Fajardo, reuníronse esta mañá co Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, a fin de trasladar toda a información recollida polo grupo parlamentar sobre o acontecido na fábrica de Conservas Cuca en Vilaxoán cando as forzas policiais permitiron o saqueo da factoría por parte da empresa nunha actuación contra as traballadoras que estaban concentradas as portas da empresa precisamente para tratar de impedir que se sacase a maquinaria.

Ante a inacción da Presidencia do Parlamento de Galicia, que sería a que tería que levar a cabo o traballo de recollida de información e informar posteriormente á Fiscalía dos feitos para que analizara os feitos, o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda asumiu esta labor para lograr clarexar o acontecido. No encontro os representantes de AGE e o Fiscal superior acordaron manter o contacto para tras a análise dos feitos establecer os pasos a seguir ante o que o grupo parlamentar considera unha desmesurada actuación policial que amparou as prácticas liquidacionistas do empresario e na que se emrpregaron todo tipo de tácticas, desde inhibidores, cortes do paso a rúa, impedir a saída das traballadoras do caseto no que se atopaban concentradas,ou obrigar aos veciños da zona a permanecer dentro das súas casas.



A mocidade de Anova tacha de inútil e cortina de fume a campañadedesprestixio contra Beiras


A área de Mocidade de Anova rexeita as recentes declaracións do Secretario Xeral de Novas Xeracións sobre Xosé Manuel Beiras.

Parécenos infame e, por outra parte, inútil a campaña de desprestixio que o PP está a lanzar contra Xosé Manuel Beiras a través de NNXX, tratando así de diluír o escándalo das relacións do Presidente Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado.

A mocidade galega consciente non tolerará máis mentiras e cortinas de fume sobre o desgoberno da Xunta de Galiza.

A rolda de prensa de Javier Dorado amosa dúas cousas: unha, que o PP non entende o que está a suceder no noso País e no mundo, outra, afán de protagonismo político a costa dun xesto de dignidade de Xosé Manuel Beiras, comprendido e apoiado pola xente do común da Galiza.

O voceiro nacional de Anova ten unha exemplar traxectoria como mestre, e así é valorado polo estudantado, como demostra a ampla audiencia que suscita nos eidos universitarios, como nas recentes charlas na Universidade da Coruña e na de Santiago de Compostela, ateigadas de mozos e mozas. O profesor Beiras non ten que demostrar - moito menos ao Presidente de NNXX - a súa solvencia intelectual e a contribución fundamental que fixo e fai ao pensamento económico galego e ao pensamento político da esquerda.


2 may 2013

Un novo roubo!!!

Resulta interesnate como unha vez máis os nosos políticos (porque foron elixidos democraticamente, pero nin velan por todos nin cumpren o que lle prometeron ós seus votantes) se voltan contra nós na busca do interese dese ente abstracto chamado MACROECONOMÍA. Pois ben, agora, o concello de Meis, cunha nada envexable taxa de paro, decide incrementar o imposto de circulación nun 50% ata equipararse cun concello do tamaño de Vilagarcía. Este afán recaudatorio ten dúas características: É inútil, porque a recadación máxima que poderá obter resultará minúscula en comparanza cos presupostos; e dous é estúpido, porque se xa sabemos de moitos vehículos en Meis que circulan sen dito permiso, moitos dos que a día de hoxe o pagan, ben por imposibilidade ben por parecerlle absurdo ou desmesurado, deixarán de pagalo. Dende ANOVA MEIS so podemos considerar este movemento municipal como ANTISOCIAL e INCONGRUENTE coa situación extrema que viven moitos dos nosos veciños.


AGE denuncia o deplorable estado de dous colexios do Salnes a causa dainacción da Xunta

Alternativa Galega de Esquerda denuncia o lamentable estado de conservación ao que a Xunta de Galicia ten condeados a dous centros escolares da provincia de Pontevedra, CEIP Rosalía de Castro (O Grove) e CEIP O Cruceiro (Vilalonga- Sanxenxo). Os deputados, Xabier Ron e Ramón Vázquez, visitaron hoxe ambos colexios onde puideron comprobar de primeira man acompañados polas directivas e representantes da ANPA as importantes deficiencias existentes en ambos centros causadas polo continuado incumprimento das promesas por parte do goberno galego.

Un sinxelo paseo polo primeiro dos centros visitados, CEIP Rosalía de Castro no Grove, é máis que suficiente para decatarse do deterioro das instalacións con paredes desconchadas, cuartos de baño vergoñentos, buratos no chan, portas que abren para dentro incumprindo a normativa de seguridade nos centros, e goteiras no pavillón de deportes que impiden o seu uso na maior parte dos días de choiva. Trátase dun centro onde a Consellería de Educación aprobara un plan de obras en tres fases. A primeira e segunda incluía o arranxo dos problemas no interior das instalacións, unhas obras que comezaron pero non remataron deixando por exemplo os cuarto de baño sen tocar e nun estado lamentable. A terceira fase centrábase no pavillón algo que xa a Consellería de Educación informou ao centro que non se vai executar por falta de cartos o que impide o uso do mesmo xa que tal e como informou a propia directiva os días de choiva é imposible realizar calquera tipo de actividade pola acumulación de auga no chan e outros días, o profesor vese obrigado a pasar a fregona antes de iniciar as clases.

Reunión de AGE co Delegado do Goberno de Galicia pola complicidade nosaqueo a factoría de Conservas Cuca


Samuel Juárez recoñece que non sabían a situación real que se estaba a dar no conflicto de Conservas Cuca en Vilaxoan. O delegado do goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez, admitiu nun encontro co voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, e o deputado, Juan Manuel Fajardo, que descoñecían as situación real na que se atopaba o conflicto entre o empresario Garabilla propietario de Conservas Cuca e as traballadoras da fábrica de Vilaxoan cando as forzas policiais permitiron o saqueo da factoría por parte da empresa nunha actuación contra as traballadoras que estaban concentradas as portas da empresa precisamente para tratar de impedir que se sacase a maquinaria.