Será
o sábado, 5 de Outubro as 18.00 H. en Exposalnés – Cambados, e na mesma
participará o Comisionado nacional de Relacións Políticas de ANOVA, Luis Eyre
Dieguez
As
agrupacións locais de ANOVA Irmandade Nacionalista do Salnés teñen convocada
para este sábado unha Asemblea coa finalidade de presentar a proposta de
configuración dunha Frente Ampla de cara as próximas eleicións ao parlamento
europeo do 2014. Terá lugar as 18.00
Horas no Edificio Exposalnés – Cambados e como
todas as asambleas de ANOVA será aberta non só a militantes e simpatizantes,
senón a todas aquelas persoas as que lles interese coñecer a proposta ou
aportar o seu grao de area para colaborar nunha alternativa política e social
contra as políticas dos gobernos actuais.
Para
a presentación da proposta aprobada pola Coordinadora Nacional de ANOVA participarán na Asemblea Chelo Martinez, deputada de A.G.E., e Luis Eyre Dieguez,
Membro da Dirección Permanente Nacional e Comisionado de Relacións Políticas. Eyre e un dos membros de ANOVA que está a
participar nas xuntanzas con outras organizacións políticas as que se lle
presentou a proposta de constitución da Frente Ampla.
Como se explicita na proposta aprobada (preme aqui) a Frente Ampla pretende ir incluso máis ala do
obxectivo de conseguir representación no parlamento europeo, senón tamén ter a oportunidade
de intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo político
que está a ser propiciado polo activismo da cidadanía.
A crise económica e os seus efectos sobre as maiorías sociais pola
xestión que daquela se está a facer; o desemprego e os recortes en dereitos e
liberdades sociais; a situación da UE secuestrada por institucións
"tecnocráticas"; a posibilidade da fin do réxime nacido da
transición, e os efectos que todo iso ten nunha Xunta de Galicia e demais
institucións autonómicas cada volta máis inservíbeis para a cidadanía galega, reclaman que traballemos combinadamente en
todos eses ámbitos.
ANOVA mantivo dende a súa creación unha aposta nídia pola unidade de
acción tanto das forzas nacionalistas como da esquerda e dos movementos
cívicos. Esa aposta e a que lugar por exemplo nas últimas eleicións a coalición
eleitoral Alternativa Galega de Esquerdas.
O que se pretende agora e impulsar un proceso de creación dunha Fronte
Ampla nunha primeira instancia a nivel
da nación galega como suxeito político soberano, e posteriormente traballar
para a constitución dunha plataforma integrada por forzas similares do resto do
estado español. Isto concretouse nun acordo que se resume nos dous puntos
seguintes:
1. Facer un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas
e da esquerda rupturista, aos movementos cívicos, para dialogar e conformar un
acordo de unidade de acción electoral para as eleccións europeas baixo a
fórmula dunha fronte ampla non excluínte.
2. Facer un chamamento ás organización políticas, e tamén ás plataformas
e organizacións cívicas das outras nacións, para que baixo o principio do
máximo respecto á autoorganización de cada unha delas, constitúan o seu suxeito
político plural disposto a partillar connosco nunha coalición electoral que
teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a
democracia real.
OUTROS TEMAS DA ASEMBLEA
COMARCAL
Os
asistentes a Asemblea de ANOVA tamén terán ocasión de coñecer os posicionamentos de ANOVA – Salnés sobre diversas
problemáticas de ámbito comarcal como é a situación dos emigrantes retornados, aos que a Axencia Tributaria lles
está a mandar Expedientes sancionadores pola non declaración das súas pensións
do extranxeiro; ou o caso dos mariñeiros propietarios de embarcacións menores
con problemas para regularizar as súas embarcacións. Dende ANOVA xa
manifestamos públicamente o noso apoio as demandas destes dous colectivos.
Xa
no nivel organizativo, debatirase a situación da organización a nivel comarcal
e elixirase a persoa que se incorporara a Coordinadora Nacional de ANOVA en
representación da área comarcal do Salnés.