16 ene 2014

A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans denunciadas por Anova ratifícanse coas declaracións feitas polo Conselleiro de Medio Ambiente estes días na prensa, o Partido Popular incumpre o acordado en sede parlamentaria

Dende Anova Cambados queremos reiterar como o PP segue sen priorizar as inversións feitas en Cambados, en concreto nas obras que se pretenden realizar no Saco de Fefiñans con respecto as recentes manifestacións polo Conselleiro de Medio Ambiente, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans e o saneamento da zona, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.

Nestes días podemos ver como o Conselleiro de Medio Ambiente recoñeceu publicamente que o obxectivo do seu departamento e que as obras de Saneamento da Zona do Saco de Fefiñans sexan contratadas antes do verán, cun prazo de execución de 12 meses, namentres que as comportas do Saco de Fefiñans xa comezaron dende o pasado mes de Novembro cun prazo de execución de 7 meses, polo que as obras de instalación destas comportas estarían rematadas, no mellor dos casos, xusto cando comecen as obras de saneamento, cun prazo de 12 meses de execución, iso si se cumpren desta vez os obxectivos nos prazos declarados polo Conselleiro de Medio Ambiente, pero que xa foron variados en continuas ocasións.

Para entender como o Partido Popular non cumpriu o prometido, vamos comezar en Febreiro de 2011, cando o Presidente de Portos de Galicia afirmaba rotundamente que as Comportas serian instaladas unha vez que se rematara o saneamento do saco de Fefiñans, o cal estamos a ver a dia de hoxe, é mentira, e que se pode comprobar no enlace. Pasado o tempo, e en vista de que se ia descubrir que estas afirmacións eran totalmente distintas a realidade, a propia Consellería, a través do Parlamento de Galicia, xa aclaraba que a activación destas comportas comezaría cando remataran as obras de saneamento do Saco de Fefiñans, e que as obras da instalación das comportas, se atopaban en “stand by” ata que as obras de saneamento comezaran, para cumprir o compromiso de instalala en paralelo as obras de saneamento, segundo documento adxunto, e a vista destas afirmacións feitas nestes días polo Conselleiro de Medio Ambiente, adiando novamente a contratación das mesmas, vemos como o Partido Popular, non so minte os veciños de Cambados, se non que tamén incumpre o acordado en sede parlamentaria.


Pero o mais grave de todo, é que se o Concello de Cambados cumpre a promesa feita en reiteradas ocasións de que as comportas non comezarán a funcionar ata que este rematado o saneamento do Saco de Fefiñans, e si se cumpren os prazos de execución das comportas, as cales están previstas en sete meses dende o mes de Novembro no que se comezaron as obras, e temos en conta que o saneamento do Saco de Fefiñans ten un prazo de execución de doce meses, ímonos atopar cunha obra publica cun custe de 472.623.58 €, que non vai ser utilizada durante un ano, o que dende Anova consideramos sangrante nestes momentos de dificultade que están a pasar moitos veciños de Cambados, e cando nos atopamos con multitude de obras precisas para o Concello, e que deberían ser consideradas moito mais urxentes, e nestes momentos non dispoñen de fondos para ser executadas

9 ene 2014

ANOVA DEMANDA QUE SE ACTUE PARA PROTEXER E POR EN VALOR O ENTORNO DA TORRE DE SAN SADURNIÑO, DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL INSCRITO NO INVENTARIO XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA

A Agrupación local de Anova IN de Cambados, demanda o Concello de Cambados e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que proceda a acometer a actuación precisa para protexer e a vez por en valor o entorno da Torre de San Sadurniño, unha vez que volveron a saír a luz os restos do que parece ser a muralla medieval que se atopaban soterrados.


Dende ANOVA IN de Cambados, consideramos que o patrimonio histórico cultural de Cambados, debe ser un referente moi a ter en conta na nosa vila, polo que é preciso protexer e por en valor este patrimonio. Neste senso, cremos que é urxente realizar traballos arqueolóxicos no entorno da Torre de San Saturniño, xa que poderían ter un alto interese histórico, cultural e a vez turístico para o noso Concello.

Cabe lembrar, como apunte histórico, que a Torre de San Saturniño  co descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos. Construída na antigamente coñecida como a illa da Figueira, en tempo do bispo compostelán Sisnando I, na Alta Idade Media e reparada posteriormente polo arcebispo Xelmírez. Por medio de fogueiras avisábase da chegada dos piratas á ría. A Torre da Lanzada enviaba o sinal de fume á Torre de San Sadurniño que o remitía  á Torre de Cálogo en Vilanova de Arousa  e esta, á súa vez, llo facía chegar ás Torres do Oeste en Catoira, pondo en estado de alerta e defensa a toda a comarca e a Santiago de Compostela. Esta torre representa os restos do que antigamente fora unha fortaleza, que sería destruída polos rebeldes Irmandiños, e de novo reedificada por Gómez de Sotomayor ata o seu abandono. Xunto a ela, había unha capela, da que non quedan vestixios, coas imaxes de San Tomé, que lle deu nome á vila, e San Sadorniño, que lle deu nome á torre, conservadas na capela da Valvanera.

Esta defensa contra os ataques dos pobos viquingos e sarracenos valeulle para ser nomeada "Moi Leal Vila" polo rei Fernando II no s. XII, iniciándose entón un período de esplendor que queda reflectido na multitude de pazos que existen no municipio.

Logo de que en marzo de 2011 sairán a luz os restos do que parece ser a antiga muralla da fortaleza medieval, e que o arqueólogo municipal remitira un informe a patrimonio para que indicara o procedemento a seguir ante a posibilidade de tratarse dun descubrimento arqueolóxico, decidiuse volver a soterrar con area os restos da fortificación para evitar a erosión da mesma, e que nunha posterior visita a zona, especialistas da materia avaliasen o seu estado e accións futuras. Pero ata o dia de hoxe, isto último non se produciu debido o pouco ou nulo interese mostrado polas distintas administracións, comezando polo propio goberno municipal do PP.


Dende Anova Cambados non entendemos como contando cun arqueólogo municipal, que ademais esta contratado irregularmente dende o 2003 segundo reparo da interventora municipal,  cun custe mensual que rolda os 1.500 €, e que tendo constancia deste achádego arqueolóxico no que probablemente sexa o primeiro núcleo poboado de Cambados, catalogado como monumento de interese cultural cunha protección arqueolóxica integral segundo o Plan Especial de Protección Histórico de Cambados, non se procedera dende o Concello de Cambados a elevar unha proposta de actuación ao órgano competente, como establece o punto 5.4 do Plan Especial, nin se insista para obter os permisos pertinentes para  acometer os traballos de posta en valor destes restos arqueolóxicos, se non que sinxelamente se tapen con terra estes restos que forman parte da historia de Cambados.   


Nestes días podemos ver como o Camposanto de Santa Mariña foi incorporado a “Ruta de los Cementerios singulares de Europa” e como dende a propia web do concello consideran que esta posta en valor vai beneficiar para o seu coñecemento e conectar a investigadores, historiadores e profesionais deste tipo de patrimonio, e mesmo se fala de realizar unha ruta de visitas guiadas.  Dende Anova consideramos que a posta en valor dos restos arqueolóxicos que están a saír a luz na Torre de San Sadurniño, son do mesmo xeito precisos e beneficiosos non so para a cultura de Cambados, se non tamén para o turismo e a economía da nosa vila.

7 ene 2014

ANOVA CAMBADOS TRASLADA O PARLAMENTO DE GALICIA, A TRAVES DO DEPUTADO DE AGE, ANTON SANCHEZ, AS IRREGULARIDADES COMETIDAS POLO CONCELLO NAS OBRAS DO CAMIÑO EN QUINTANS DENTRO DA ZONA DE PROTECCION MEDIOAMBIENTAL UMIA-O GROVE

A Agrupación local de Anova IN de Cambados, trasladou a través do deputado de Alternativa Galega de Esquerdas, Anton Sánchez, unha pregunta para a súa resposta oral en comisión sobre as irregularidades cometidas polo Concello de Cambados nas obras de acondicionamento do camiño forestal en Cuncheiros, Lugar de Quintáns, na parroquia de Castrelo, dentro da Zona de Especial Protección Medioambiental do Umia-O Grove.

ANOVA quere volver insistir en demandar unha maior transparencia por parte do Alcalde e do equipo de goberno do Concello de Cambados ademais de explicacións polo miúdo sobre a obra que operarios municipais están a levar a cabo no lugar de Quintáns, en Castrelo, consistente no ancheamento dun camiño que dá acceso a varias fincas da zona, así como a vivenda - museo do escultor Manolo Paz. Na mencionada obra están a levarse a cabo movementos e compactación de terras así como talas de árbores.

Logo de que a fai un mes, e no propio pleno municipal, o propio Alcalde nos contestara dicindo que "todo estaba en regra" e que nos remitiría a documentación correspondente, a día de hoxe seguimos á espera da mesma, e polo tanto incumprindo a lexislación vixente en información medioambiental, xa que esta establece, segundo a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, o solicitante ten dereito a recibir a contestación no prazo dun mes (apartado 2.c do artigo 10 da Lei). Rematando o mesmo o 9 de Xaneiro de 2014, e non recibindo a dia de hoxe documentación algunha. 

Onde si puidemos comprobar documentación foi na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra, e comprobamos como o Concello de Cambados solicitou permiso para asfaltar un camiño, e como Medio Ambiente non aceptou o asfaltado e concedeu permiso unicamente para facelo con xabre.  

Pero o máis curioso é comprobar como o mesmo día no que a Agrupación de ANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presenta os escritos no Concello e perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de  Medio Ambiente, advertindo das obras e da tala de árbores, o Concello de Cambados solicita por escrito a tala das árbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.
 

Ese é o xeito de actuar dun Concello?  Dende Anova consideramos que non, e por iso solicitamos que a Consellería de Medio Ambiente, a través do Parlamento de Galicia, explique si o Concello de Cambados cumpre coa legalidade vixente neste proceso, actuando de forma irregular, pedindo por escrito a solicitude a Consellería de Medio Ambiente para talar 8 arbores, o mesmo dia que Anova Cambados fai a denuncia publica, e cando mais de trinta arbores xa estaban cortadas, ademais de ser especies que nalgúns casos non lles darían permiso para facer esa tala, o contar cunha maior protección, e ser moi escasas dentro desta zona protexida, polo que solicitamos perante a Comisión se existe algún informe sobre a tala desas arbores, e se estas obras coinciden coa documentación aportada inicialmente polo concello na solicitude, e a xustificación da mesma.


  • A Continuación podese ver as explicacións que deu no Pleno o Alcalde de Cambados a partir do minuto 10.

  • A Continuación deixamosvos copia da pregunta presentada polo grupo parlamentar AGE para a sua resposta oral en comisión.

4 ene 2014

ANOVA PIDE EXPLICACIÓNS E TRANSPARENCIA POLA QUERELLA CONTRA O ALCALDE DE CAMBADOS.

Sospeita que esta denuncia ten que ver coas malas prácticas xa denunciadas por ANOVA e pola propia interventora do Concello no informe das contas do Concello.


O Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista en Cambados a vista na nova aparecida hoxe nun medio de comunicación sobre a admisión a trámite dunha quérella xudicial contra o alcalde de Cambados por falsidade documental, quere facer públicas as seguintes consideracións:

Pola información daque se fai eco o xornal a denuncia fundaméntase na acusación de que o Concello de Cambados nega o recoñecemento a empresa dunhas facturas presentadas por obras realizadas a maiores en diversos investimentos contratados polo Concello a esa empresa.  A empresa acusa de falsidade documental e polo importe reclamado, 140.000 euros o tipo de denuncia e penal.

E evidente que faise necesaria por parte do Concello de Cambados, a parte da obrigatoria colaboración coa xustiza en todo o que se lle demande, un urxente exercicio de transparencia.   ANOVA ante esta situación esixe “luz e taquígrafos”, que se publiquen os motivos e argumentos da denuncia e que se permita o acceso a toda a documentación existente en relación con esas obras e o obxecto da denuncia.

Concretamente se a denuncia ten que ver con facturas de sobrecustes de obras contratadas, habería que comprobar como se realizaron esas contratacións, as condicións establecidas e, moi importante, as certificacións e informes dos técnicos municipais e de dirección de obra sobre o desenvolvemento e recepción das obras por parte do Concello. No caso de non existir está documentación, o Concello de Cambados estaría metido “nun bo lio”.

Ademais no caso de ser obras que se financiaran con algunha subvención, tamén se deberían comprobar as cantidades económicas que o Concello xustificara para percibir a subvención, porque por aí tamén pode verse se existe ou non falsidade documental.   

Con respecto a investigación xudicial, ANOVA entende perfectamente a diferenza entre estar imputado, procesado ou condenado, e sendo certo que un imputado non é un encausado, non é menos certo que a citación como imputado fundamentaríase en indicios da participación nos feitos, por iso temos que pedir total colaboración coa xustiza, para que a investigación chegue ata o final.

ANOVA xa ten denunciado noutras ocasións as múltiples irregularidades existentes na xestión do Concello de Cambados, malas prácticas postas de manifesto incluso pola propia interventora municipal en múltiples informes e reparos as contas municipais. 

Prácticas como contratacións de asesoría externa que se fan sen contrato de prestación de servizos, obras adxudicadas sen expediente de contratación nin informe técnico  ou consignación orzamentaria; ou facturas aprobadas sen xustificación do gasto son algunhas das irregularidades que enumerou a interventora municipal e que xa no seu día denunciara ANOVA, polo cal tampouco debería estrañarnos moito que os motivos e argumentos desta denuncia contra o Concello fosen reais.


ANOVA tamén quere interpelar ao PP Galego e da Provincia de Pontevedra, para que os Señores Rueda, Louzán ou o propio Cores Touris resposten se este e o modelo de xestión que defenden para os Concellos do Partido Popular, e para que como responsables políticos da organización do Partido Popular tomen medidas para evitarlle aos veciños do Salnés o bochorno de ver a dous alcaldes en activo nos xulgados (Sanxenxo e Cambados).