Mostrando entradas con la etiqueta Cuca age. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cuca age. Mostrar todas las entradas
2 jul 2013
27 may 2013
AGE solicita ao Parlamento o informe do delegado do Goberno sobre a represión ás traballadoras de Cuca

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Juan Fajardo, solicitou o informe que o delegado do Goberno se comprometeu a remitir ao Parlamento sobre a brutal represión da Policía Nacional ás traballadoras de conservas Cuca, en Vilaxoán. “Non é de recibo tal brutalidade”, denuncia de novo Fajardo. Os sucesos ocorreron o mes pasado, cando axentes denominados antidisturbios ocuparon o casco urbano de Vilaxoán á altas horas da noite para escoltar o empresario de Cuca, quen desmantelou a maquinaria da factoría malia se atopar o conflito baixo proceso xudicial. O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, e máis o parlamentario Fajardo entrevistáronse daquela con Samuel Juárez, delegado do Goberno. Este prometeu remitir un informe sobre o sucedido ao Parlamento de Galicia. Ese é o documento que AGE agora reclama.2 may 2013
Reunión de AGE co Delegado do Goberno de Galicia pola complicidade nosaqueo a factoría de Conservas Cuca

Samuel Juárez recoñece que non sabían a situación real que se estaba a dar no conflicto de Conservas Cuca en Vilaxoan. O delegado do goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez, admitiu nun encontro co voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, e o deputado, Juan Manuel Fajardo, que descoñecían as situación real na que se atopaba o conflicto entre o empresario Garabilla propietario de Conservas Cuca e as traballadoras da fábrica de Vilaxoan cando as forzas policiais permitiron o saqueo da factoría por parte da empresa nunha actuación contra as traballadoras que estaban concentradas as portas da empresa precisamente para tratar de impedir que se sacase a maquinaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)