Mostrando entradas con la etiqueta Desemprego age paro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Desemprego age paro. Mostrar todas las entradas

27 may 2013

Fracaso histórico da Xunta ao non evitar que Alimentos Lácteos entrase en concurso de acreedores

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) quere manifestar a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos S.A. que hoxe entrará en concurso de acreedores despois de moitos meses nos que se lle esixiu a Xunta de Galicia que fixera fronte a súa responsabilidade xa que nesta empresa investiuse máis de 9 millóns de euros dos fondos públicos e agora deixase caer sen facer nada por evitalo.


O deputado de AGE, Antón Sánchez, lembra que son máis de mil os gandeiros aos que se lles deben cartos con débedas millonarias. Así mesmo, a entrada en concurso de acreedores deixará sen traballo a 81 traballadores e traballadoras no que se traduce nun fracaso histórico para o sector que fará moi difícil a creación dun novo grupo lácteo galego cando o problema real xurdiu na propia creación de Alimentos Lácteos cunha mala planificación e xestión que condenaba ao fracaso o proxecto desde os seus orixes.
Unha vez máis a Xunta de Galicia, coa súa inacción, amosa a súa insolidariedade cos galegos e galegas e manifesta as súas prioridades que están moi lonxe de loitar polos dereitos do noso país e por traballar por que Galicia teña un futuro sostible e moito máis preto de garantir, sen importar o custe, os beneficios das grandes empresas.

6 may 2013

O PP segue sen facer nada para acabar coa dramática destrución deemprego


Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta de Galicia que elabore de xeito urxente un Plan de emprego para evitar a dramática situación de destrución de emprego que se está a vivir no noso país e que semella querer alentar o PP coas súas políticas de recorte.

A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, asegura que “o verdadeiro obxectivo do Partido Popular semella ser seguir engrosando as listas do paro co fin de ter un exército de reserva e deste modo 
poder xustificar unha baixada dos salarios”.

Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) “que son os únicos que poden servirnos de guía”, reflicten que o noso país supera a cifra das 270.000 persoas en situación de desemprego o que sen dúbida esixe de xeito inmediato un cambio nas políticas xa que nin unha soa das medidas impulsadas polo PP sitúanse na liña da creación de emprego senón máis ben todo o contrario contribuíndo aínda máis a súa destrución.