Alternativa Galega de Esquerda (AGE) amosou o seu apoio
ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras dos cursos de
certificación en lingua galega ‘Celga’ que denunciaron esta mañá en rolda de
prensa o absoluto fracaso do proceso normalizador da lingua galega por parte da
Xunta de Galicia. Os portavoces do colectivo, Lorena López e Anxo Otero,
acompañados ddos deputados dos tres grupos parlamentares na oposición ( Ramón
Vázquez por AGE, Vicente Docasar por PSdeG e Ana Pontón polo BNG), dos sindicatos
(CIG, CUT e STEGA), da Mesa Pola Normalización e a Coordinadora de
traballadores da Normalización da Lingua, o colectivo de profesores puxo de
manifesto a precaria situación laboral na que se atopan sen contrato, nin
seguro, nin seguridade de se van ter ou non traballo entre outras moitas
cuestións.A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a someter a medio millar de profesores e profesoras inscritos nas listas de contratación a unha insostible situación de precariedade pola que non saben cando van comezar a traballar, canto van a cobrar ou cando van a recibir o salario. Por todos isto, esixen a creación
