Mostrando entradas con la etiqueta Albariño carpa gastronomía hostelería turismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Albariño carpa gastronomía hostelería turismo. Mostrar todas las entradas

29 jul 2013

O Concello volve a adxudicar irregularmente a Carpa Gastronómica da Festa do Albariño

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados xa manifestamos publicamente que non estamos de acordo coa adxudicación publica do concurso para a explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013, e tamén manifestamos as continuas irregularidades que se estaban a cometer neste tipo de contratacións no Concello de Cambados denunciadas en reiteradas ocasións pola Interventora Municipal.

O tempo danos a razón sen dubida, e o Concello de Cambados continua a contratar e adxudicar irregularmente en beneficio sempre das mesmas empresas, e para mostra esta forma de actuar, na contratación desta Carpa Gastronómica unha vez que quedou deserto o concurso publico.

Como se pode comprobar na imaxe adxunta, extraida da Conta de Resultados do Exercicio 2012 do Concello de Cambados, e na que a Interventora Municipal, xa manifestaba as irregularidades cometidas polo Goberno do PP no Concello de Cambados a hora de adxudicar este servizo o ano pasado; o tratarse dunha aceptación tácita do Concello de Cambados, sendo contraria a normativa vixente, ademais de que a oferta realizada por Porto de Cambados, S.L., non respetou as condicións que se tiveron en conta para licitar a mencionada autorización, o cal vulnera os principios de  publicidade e concorrencia, establecidos na Lei de Contratos do Sector Publico, e que este ano se volve a repetir polo que se pode observar na información que fixo publica o Faro de Vigo, e que pódese ver no seguinte enlace.


Tratase polo tanto de favorecer a mesma empresa ano tras ano, a conta dos ingresos dos hostaleiros de Cambados, como xa vimos denunciando varias veces neste blog, e o que é mais sangrante, adxudicado irregularmente e non cumprindo a lexislación vixente en materia de contratación publica.  

3 may 2013

O Grupo Local de ANOVA – IN en Cambados rexeita a instalación da CarpaGastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DOALBARIÑO 2.013

Entende que esta medida perxudica a Hostelería local, xa bastante afectada pola crise e a suba de impostos.


Carpa do Albariño Público Xeral

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados queremos manifestar públicamente que non estamos de acordo coa aprobación pola Xunta de Goberno do Concello de Cambados, en sesión do 11 de marzo de 2013, do concurso para a adxudicación da explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013.

De todos e sabido a mala situación na que se atopa a hostalería no concello de Cambados, e o continua sangría de peche de negocios, que non son capaces de aguantar a diminución dos ingresos que están a sufrir.  So fai falla dar un pequeno paseo polas rúas do centro de cambados, e observar a cantidade de establecementos de hostalería que se atopan pechados, e como cada dia vai aumentando pouco a pouco esta lista, co aumento de desemprego que implica.