“O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento”, denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, “xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade”. Para o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o partido de Alberto Núñez Feijóo non fai outra cousa ca “marear a perdiz” e perder o tempo con cuestións burocráticas e de protocolos. Mentres, na rúa, a cidadanía do común, as clases traballadoras, sofren as consecuencias materiais terríbeis dunhas políticas decididas en instancias que non responden á vontade popular e que o PP aplica cun entusiasmo case sádico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario