3 may 2013

AGE traslada ao Fiscal superior de Galicia toda a información sobre oacontecido en Conservas Cuca


Tras o encontro que tivo lugar onte co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, e o deputado, Juan Manuel Fajardo, reuníronse esta mañá co Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, a fin de trasladar toda a información recollida polo grupo parlamentar sobre o acontecido na fábrica de Conservas Cuca en Vilaxoán cando as forzas policiais permitiron o saqueo da factoría por parte da empresa nunha actuación contra as traballadoras que estaban concentradas as portas da empresa precisamente para tratar de impedir que se sacase a maquinaria.

Ante a inacción da Presidencia do Parlamento de Galicia, que sería a que tería que levar a cabo o traballo de recollida de información e informar posteriormente á Fiscalía dos feitos para que analizara os feitos, o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda asumiu esta labor para lograr clarexar o acontecido. No encontro os representantes de AGE e o Fiscal superior acordaron manter o contacto para tras a análise dos feitos establecer os pasos a seguir ante o que o grupo parlamentar considera unha desmesurada actuación policial que amparou as prácticas liquidacionistas do empresario e na que se emrpregaron todo tipo de tácticas, desde inhibidores, cortes do paso a rúa, impedir a saída das traballadoras do caseto no que se atopaban concentradas,ou obrigar aos veciños da zona a permanecer dentro das súas casas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario