Anova Solicita que si se preve aforo se trasladen os plenos municipais o Auditorio da Xuventude.
Este tipo de medidas, a par de oportunistas coma antidemocráticas,
de limitación dos dereitos dos veciños por parte do grupo de goberno do Partido
Popular no Concello de Cambados, son una clara continuación a outras medidas
que xa se tomaron tempo atrás, como a polémica denegación por parte do Alcalde,
Luis Aragunde, a gravación dos plenos por medios audiovisuais, alegando a
existencia de varias sentencias que así o ratifican, pero cando a realidade e
totalmente distinta, existindo numerosas xurisprudencia na que si se permite a gravación
dos plenos o tratarse de actos públicos, e que deberían chegar o maior numero
de veciños, quedando claro que os nosos dirixentes non lles interesa, e impón
coa súa maioría o maior numero de trabas legais posibles para que os veciños
non estean informados das decisións que o goberno municipal do Partido Popular
levan adiante utilizando o rodillo da maioría absoluta.


Se este tipo de medidas se toman por seguridade dos cidadáns,
xa se tiñan que tomar fai tempo, e non utilizalo agora de escusa para evitar posibles
protestas dos veciños, e se foran precisas estas limitacións de aforo, pola
afluencia de publico, seria mellor que o pleno se celebre noutros locais
municipais con maior espazo e mellores medidas técnicas e de seguridade, como
por exemplo o auditorio da Xuventude, a escasos 200 metros do concello.
Tamén non podemos deixar de preguntarnos se o Alcalde Luis Aragunde ordenara o control do aforo nese espazo o día da festa do albariño, cando reciba as “autoridades” e convidados ao xantar “popular”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario