17 may 2013

Anova Cambados, o día das Letras Galegas

Anova Cambados quere rendir un pequeno homenaxe O Poeta da Raza no día das Letras Galegas.

Acción Galega 



¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
a Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo señorial!

Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó val.


Ramón Cabanillas, Da terra asoballada (1917)

No hay comentarios:

Publicar un comentario