Segundo
nos informaron varios dos participantes o Concello non limpou as instalacións
dende o inicio do torneo como se pode comprobar polas fotos anexas, demostrase
unha total falta de limpeza das mesmas, con restos de comida polo chan e as
gradas, coas papeleiras desbordadas e
cos aseos e vestiarios nunhas condiciona hixiénico -sanitarias vergonzosas.
En
ANOVA. Preguntámonos, se é esa a imaxe que o PP e Luís Aragunde queren dar de
Cambados? Tan difícil era organizar a limpeza das instalacións durante a celebración
do torneo? E esta a colaboración que presta o Equipo de goberno aos Clubs que
levan o nome de Cambados e organizan actividades para traer a nosa vila xente
de fora? Para nos que estamos diante dun novo exemplo do pasotismo e falta de atención
que demostra o equipo de goberno.
A este tipo
de Campionatos acoden equipos de distintas partes do Estado, e ademais dos
membros do club, asisten tamén familiares, sen esquecer os propios medios de comunicación desas rexións así coma
da Federación Española de Baloncesto, polo que nestes días vese unha gran
afluencia de publico en xeral nas instalacións do Pombal. Dende o grupo local
de Anova entendemos que este aumento da afluencia de publico, debe levar
consigo un reforzo nas tarefas de limpeza e mantemento do recinto. En troques, atopámonos
cunha total falta de previsión por parte do Concello de Cambados, pois non se
tomou ningún tipo de medida de reforzo na limpeza das instalacións por parte do
equipo de goberno do partido Popular.