13 feb 2014

A recente Comisión creada para a xestión das comportas do Saco de Fefiñans incumpre as recomendacións feitas pola Conselleira de Medio Ambiente

Dende Anova Cambados queremos reiterar como o PP segue a realizar continuas irregularidades nas obras das Comportas do Saco de Fefiñans, así coma na súa xestión, non tendo en conta as recomendacións feitas polos distintos organismos nin os técnicos que realizaron o estudio medioambiental da obra, neste caso ponse de manifesto na recente comisión creada para a xestión das comportas, e nas que non se inclúen as recomendacións feitas na Resolución do 22 de Outubro de 2010, pola Secretaria Xeral de de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.


No dia de hoxe pódese ver anunciado na prensa como foi constituída oficialmente a Comisión que regulara o uso da Comporta do Saco de Fefiñans, e que estará composta polo Presidente de Portos de Galicia, o Alcalde de Cambados, o Patrón Maior da Cofradía de Cambados, e a Presidenta da Agrupación de Mariscadoras a Pe de Cambados, pero o que mais nos chama a atención é como nesa comisión non se inclúen os tres organismos que na Resolución do 22 de Outubro de 2010, foron recomendados pola Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e que textualmente consideran que como mínimo deben participar nesa comisión, a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Dirección Xeral Patrimonio Cultural e o Organismo estatal, “Dirección General de sostenibilidad de la Costa y el Mar”, neste caso hai que sinalar que este proxecto afecta directamente o Dominio Publico Marítimo Terrestre e a súa protección e utilización, alterando o réxime mareal e os usos comúns, establecidos no disposto na Lei 22/1988, de Costas e no regulamento para o seu desenvolvemento e aplicación, como así o sinalou este organismo na memoria que lle remitiu a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que na Resolución recomendan explicitamente a súa inclusión dentro da Comisión que regule as Comportas, e que tanto o o ente Portos de Galicia como o Concello de Cambados fan caso omiso as recomendacións feitas na Resolución de Avaliación Ambiental.


Podemos comprobar que tamén se pon de manifesto a falta de sensibilidade coa xestión Medioambiental das Comportas, debido a que non se fixeran aos estudios previos que establece o Plan de Seguimento Ambiental dentro da Memoria das Obras, e no que deixa claro a necesidade de realizar o seguimento deste Plan xa que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros, e que polo tanto considera preciso seguir EXTRICTAMENTE este Plan dende Medio Ambiente para que a obra e a xestión das comportas non afecte o banco marisqueiro, e que se esta a incumprir, xa que na Resolución deixa claro que se deberan levar a cabo todos os estudos e mostraxes e simulacións previas que sexan precisas, e que a dia de hoxe non se fixeron  como establece a Memoria Medio Ambiental da Obra e a Resolución da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

10 feb 2014

ANOVA DE CAMBADOS RECLAMA QUE A CONVOCATORIA PARA AS AXUDAS O ESTUDIO MUNICIPAIS SE FAGA ANTES DE QUE REMATE O CURSO ESCOLAR E SE TEÑA EN CONTA OS ALUMNOS QUE QUEDARON EXCLUIDOS POLA REFORMA DAS BECAS DO MEC.

Consideramos que é inxusto que os alumnos que non obteñan unha nota media superior o 6,5 non poidan obter a axuda de estudios xeral e que os alumnos que obteñan unha nota media entre o 5,5 e o 6,5 so se lles abone o custo da matricula, cando esta reforma foi aprobada no mes de Agosto, e no que a maioría de alumnos xa tiñan feitas as matriculas.

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no Concello de Cambados queremos amosar publicamente o noso desacordo coa nova regulación das Becas modificadas no pasado mes de Agosto polo ministro WERT, no que un alumno que non obtivera unha media superior o 6,5 non poida optar a unha beca de estudios, e no caso de obter unha nota media o curso anterior entre 5,5 e 6,5 so teñan acceso a axuda dos custes da matricula, xa que estes cambios de criterios de adxudicación de axudas publicas o estudio, foron feitos cando moitos destes estudantes xa tiñan feita a matricula nos centros onde están a cursar os estudios.

Nos consideramos que na actual situación que estamos a vivir, con preto de 1.700 cambadeses en situación de desemprego, moitos deles sen recibir xa ningún tipo de ingreso fora das prestacións de tipo social, e no que moitos poden ter fillos estudando e afectados por este novo marco normativo, o Concello de Cambados debería ser quen de sacar unha ordenanza municipal para que, sempre previo informe do departamento de asuntos sociais municipais, actuara en cada caso concreto, e  axudar aqueles estudantes que estando no seno dunha unidade familiar con escasos recursos se atopen dentro desta situación. Dende o noso punto de vista, ningún veciño debería verse privado do dereito a realizar ou rematar uns estudos por un simple factor económico, e recordámoslle o Partido Popular que os factores académicos  xa os estipulan as propias normas educativas, marcando cales son as notas ou créditos precisos para conseguir un titulo medio ou superior.

Para o Grupo Local de Anova – I.N de Cambados, as circunstancias actuais indican que o Concello debería facer unha aposta forte tanto na partida de Becas de Estudos como nas de fins benefico-asistenciais. Non pode ser que  a pesares e chegar a un acordo no Pleno Municipal de Agosto do ano pasado coa oposición de modificar as bases das axudas municipais ao estudio, a dia de hoxe inda non se establecera a ordenanza municipal, e se espere o mes de Abril ou Maio, xa preto do remate do curso escolar para sacar este tipo de axudas. Isto ademais evidencia o xeito de funcionar actualmente a política municipal cambadesa, onde os acordos parecen ser sempre de cara a galería, sen que haxa un seguimento e unha intención posterior de facelos cumprir.

Este tipo de axudas, relativas os estudantes afectados polo decreto do señor Wert,  saíron adiante no Concello de Ribadumia grazas a unha  iniciativa do Concelleiro de Anova, Enrique Oubiña, e fixéronse publicas no mes de Setembro, a principio do curso académico, pero en Cambados en troques vemos que apesares das boas palabras do Partido Popular no pleno de Agosto, e de chegar a un acordo cos partidos da oposición de que se ían modificar a ordenanza municipal e ter en conta as actuais circunstancias, a dia de hoxe non se fixo nada do prometido.

Hai que salientar que dende Anova Cambados temos constancia de estudantes afectados por esta medida,  que si foran veciños de Ribadumia terían axuda do seu Concello, pero parece que en Cambados non interesa axudar os nosos mozos e mozas, xa que cada ano a pesares de ter a mesma partida orzamentaria, o gasto real en Axudas de estudio diminúe, ao contrario do que sucede coas axudas ao estudio dos fillos dos empregados municipais.


Os datos ademais revelan a mala gobernanza do Concello de Cambados:
¿Pode alguén entender que as becas de estudo se convoquen a finais do curso?
-  ¿Que se destine mais do dobre a axudas de estudio os fillos de empregados municipais que os veciños de Cambados?
- ¿Que a pesares de contar cunha partida orzamentaria de 7.000 € cada ano, dende que entrou a gobernar Luís Aragunde vemos como cada ano o gasto real desta partida cada ano e menor, chegando a gastar no exercicio 2012 menos da metade do crédito disposto na partida orzamentaria?
-  ¿Como pode ser que por exemplo o fillo dun empregado municipal que gañe 30.000 € si teña dereito a unha axuda ao estudio, e un fillo dun veciño de Cambados no desemprego non se lle conceda cando lle fai falla?
-  ¿Como pode ser que no Ano 2012 so se concederan 10 Axudas de Estudio para os veciños de Cambados?.

Alguén quizais, facendo gala dunha gran demagoxia, poderá respostar argumentando a falta de fondos, pero  dende ANOVA propoñemos que se faga entón, se ese fora o problema, un suplemento de crédito eliminando “horas extras” e outras prebendas nas retribucións dos membros da corporación local no Concello de Cambados.

Mais sensibilidade e menos hipocrisía, todos debemos mirar o noso arredor, os recursos públicos son de todos, saen do peto de todos e polo tanto non poden ser estragados sen control como se chovera do ceo, senón que teñen que administrarse a favor dos mais, e nestes tempos con mais sensibilidade e menos folclore. Convidamos ao alcalde a que baixe a rúa e comprobe que non todos os veciños teñen o seu salario. 


5 feb 2014

A Memoria Medioambiental do proxecto das obras das Comportas do Saco de Fefiñans alertan de que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros.

Tratase dun Informe previo a licitación das obras, e adxudicado pola entidade Portos de Galicia a mercantil AQUATICA INGENIERIA, e na elaboración do mesmo participaron: Javier Sopelana Peralta (Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos), Sira López (Licenciada en Ciencias do Mar), José Ignacio Bujan (Técnico superior en desenrolo  de proxectos urbanísticos e operacións topográficas),  Rosina Acuña Castroviejo (Bióloga) e Carlos Durán Neira (Biólogo) do CENTRO DE INVESTIGACIONES SUBMARINAS. Esta memoria medioambiental foi remitida a Consellería de Medio Ambiente, para a evaluación da necesidade de realizar un informe de Impacto Ambiental da obra, e tido en consideración na resolución do mesmo, chegando a indicar o obrigatorio cumprimento do Plan de Seguimento Ambiental que se inclúen nesta memoria, pero que non se están a levar a cabo, xa que non se informa nin no pleno do Concello de Cambados, nin as propias mariscadoras nin da realización nin do resultado do mesmo, xa que inda non foi adxudicada a xestión das Comportas, que seria a empresa encargada de realizar este Plan de Seguimento Medioambiental, e nos que se requiren facer unha serie de traballos previos a instalación das comportas.

Xa na introdución da Memoria Ambiental das obras, fala de que as Comportas van ser utilizadas para controlar a mortalidade de bivalvos durante o estío, ademais de permitir a celebración de competicións náutico-deportivas con independencia do réxime de mareas, e polo tanto, non se menciona en todo o informe que vai ser utilizado para crear unha praia artificial, nin que se vaian a producir ningún tipo de aportes de area nas praias, como así declarou o Alcalde de Cambados, no que anunciou que: “Costas del Estado “vai participar no proxecto” de recuperación de la playa existente hace unos años en O Pombal. Así se lo transmitió su delegada provincial en Pontevedra, Cristina Paz Curbera, y también han solicitado una reunión para abordar este y otros temas de interés para Cambados. Para devolver la playa y facilitar la cría de marisco, sería preciso realizar algunos aportes de arena.”  Non obstante na Memoria Ambiental do proxecto, non contempla en ningures nin a recuperación de ningunha praia, nin os aportes de area, e polo tanto en caso de facerse estes traballos, irían en contra do indicado no proxecto, e poderían ter consecuencias medio ambientais que non foron analizadas nin evaluadas no mesmo, xa que esta opción non se incluía na Memoria Medioambiental.

Pero o que consideramos mais grave de todo, e que dende o grupo de Anova Cambados queremos facer publico, e como tanto na propia Memoria Ambiental como na resolución de Avaliación ambiental establece a obriga de que as instalacións destas comportas deben levar consigo unha serie de medidas preventivas e correctoras, así corno un Plan de Seguimento ambiental que non se están a levar a cabo, non se informou del nin no Pleno Municipal por parte do Alcalde de Cambados, nin tampouco se lles informou do mesmo as mariscadoras, por que a empresa que vai levar a cabo estes traballos dentro da xestión das comportas inda nin sequera foi adxudicada,  e o que é mais grave de todo, e que no propio Plan de Seguimento Medioambiental establece que permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros, xa que se trata de auga estancada, sen renovación mareal, e no que se producira un aumento da temperatura, en maior medida durante a época estival. O osixeno disolto na auga vai diminuír, podendo chegar a niveis limítantes e  pódense producir incrementos dos niveis de amonio e polo tanto do pH o non circular a auga, e ademais, as condicións microbiolóxicas e químicas das augas poden verse alteradas. 

Debido a todos estes riscos que se poden producir na Zona, no propio informe establece a realización dun seguimento das poboacións de bivalvos, así como da Calidade das Augas, detallando no propio Plan de Seguimento Medioambiental, os parámetros a analizar, e mesmo os períodos nos que se teñen que realizar, no que se inclúe un Estudio preoperacional, coa duración dunha campaña, antes de realizar as obras, e do que non se ten constancia de que se realizara, nin dos resultados do mesmo, xa que a empresa encargada de realizar estes traballos, que seria a que levara a xestión das comportas inda non foi adxudicada. Ademais, establece que se faga un seguimento continuo da Zona, chegando a establecer a posteriori da posta en funcionamento das comportas, a elaboración de móstreos e análises cada dous meses, establecendo a necesidade de analizar 6 zonas distintas dentro do banco marisqueiro, no que se analicen os exemplares de cada especie que se atopen nun metro cadrado, facendo un análise do peso húmido e densidades por clase de talla.  

Se non se levan correctamente a cabo estes traballos tanto previos, como con posterioridade a posta en funcionamento das comportas, a Memoria Medioambiental das obras, mostra que as Calidade das Augas poden chegar a diminuír a niveis que afectarían os bancos marisqueiros, por iso deben ser realizado o Plan de Seguimento Medioambiental. Pero o que mais nos chama a atención e como p pasado 6 de Decembro, tanto o Alcalde como o Presidente de Portos de Galicia, manifestaron que a Xunta de Galicia ten previsto privatizar a xestión da comporta, e que e iso leva o seu tempo.Primeiro crearase unha comisión mixta, que segundo o alcalde “aínda está nos cimentos”, e na que estarán, seguro, Portos, Confraría e Concello. Esta comisión encargarase de “definir como vai a funcionar” esa estrutura. E con iso claro, elaborarase un prego de condicións e convocarase un concurso público que pode deixar a comporta en mans dunha empresa ou doutro tipo de entidade. Pois esta empresa que resulte adxudicataria será a encargada de realizar o Plan de Seguimento Ambiental, debería xa estar adxudicada e funcionando, para poder facer os análises previos que establece o propio Plan de Seguimento, e que polo tanto vai ser adxudicado cando a comporta xa este instalada e polo tanto incumprindo a Memoria Medioambiental do Proxecto.


Polo tanto, nos atopamos coa instalación dunhas comportas apiques de rematar, cun saneamento da zona que inda non foi adxudicado, cunha Memoria Medioambiental do proxecto que non menciona por ningures nin os traballos para devolver ningunha praia, nin os aportes de area precisos para recuperar esa praia, e que polo tanto non se sabe o impacto ambiental que terían na zona eses traballos, e no que na propia Memoria establece un Plan de Seguimento Ambiental, a través da empresa que leve a xestión das comportas, que inda non esta adxudicado, e que polo tanto vai ser imposible que realice os traballos previos precisos, e no que pon de manifesto que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros, e que dito Plan, non se vai poder levar a cabo como establece a Memoria Medioambiental, por que inda non se adxudicou a empresa que os ten que realizar. Se esta é a forma de xestionar a calificada como obra mais  importante da lexislatura, polo goberno municipal do PP de Cambados, deixa moito que desexar.