22 nov 2013

Alternativa Galega de Esquerda esixe a extinción do contrato de subministro eléctrico de Fenosa


O deputado Antón Sánchez propón un novo sistema de recollida do lixo que prime a redución, a reciclaxe e a reutilización e deixe de ser negocio para a compañía eléctrica privada  

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013.- O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Antón Sánchez defenderá no pleno parlamentario da vindeira semana unha proposición non de lei (pnl, no documento anexo) para esixir da Xunta “a revisión ou extinción do contrato de subministro eléctrico de Sogama con Unión Fenosa, por ser claramente lesivo para o interese público”. Sánchez explicou, esta maña en rolda de prensa no Parlamento de Galicia, que o actual modelo de xestión de residuos ten como único obxectivo beneficiar a Gas Natural-Unión Fenosa. “Canto máis lixo se incinere, máis electricidade vende Fenosa, adxudicataria do contrato para o consumo propio de electricidade”, afirmou o deputado de AGE, “o sistema é ‘canto peor, mellor para Fenosa”. Nas actuais circunstancias, “Sogama é unha empresa pública ao servizo de Fenosa”.

O expediente de contratación de Fenosa foi autorizado en 2011 pola Xunta de Núñez Feijóo. “Ao comezo, a electricidade producida na planta era para autoconsumo da propia planta”, expuxo Sánchez, “mais por unha decisión política admitiuse a venda desa enerxía”. Esta autorización e a reforma enerxética de Mariano Rajoy foron as causantes da suba do canon do lixo.

Para Alternativa Galega de Esquerda, o problema de Sogama é de fondo. Alén de orientar a xestión de residuos ao negocio dunha empresa privada concreta –Gas Natural Unión Fenosa-, o problema é o modelo. “Un sistema que non prima nin a reutilización nin a reciclaxe nin a redución, senón a incineración, é aberrante, non existe en ningún lugar de Europa”, denunciou o parlamentario de AGE, antes de lle lembrar ao presidente de Sogama –Luis Lamas, do PP- que preside “unha empresa pública, de todas as galegas e galegos, así que non pode comportarse como un hooligan do Partido Popular”.

XUNTANZA LOCAL DE ANOVA DOS CONCELLOS DE CAMBADOS - RIBADUMIA E MEIS.

SÁBADO, 23 DE NOVEMBRO, AS 17.00 HORAS NO EDIFICIO EXPOSALNES (CAMBADOS)


Como de costume, as xuntanzas de ANOVA son abertas polo que a parte de asistir podes convidar a quen o desexes sen problema. o local temos que deixalo as 20.00 Horas polo que se roga puntualidade.

Tratase de tentar retomar as xuntanzas locais, tratando de dotar aos grupos de continuidade no tempo.   Aproveitaremos tamén para revisar a situación de varios temas locais, tanto os que se incluen na orde do día como outros que poidan propoñer os asistentes a xuntanza.  Finalmente proporase elixir a unhas persoas para asumir diversos traballos e responsabilidades a nivel local, coa idea de organizarnos mellor e darlle axilidade tanto as xuntanzas.

A ORDE DO DÍA da xuntanza será:

1.      Información acordos das Coordinadoras Nacional e Comarcal de ANOVA.
2.      Cuestións Locais:
                                    •  Informar das actividades que leva realizado ANOVA nos Concellos de Cambados, Ribadumia e Meis.
                                    •  Situación das contas municipais en Cambados e traslado da situación ao Parlamento Galego.
                                    •  Tema comportas – saneamento do Saco de Fefiñans.
                                    •  Polítca de contratacións de técnicos de obras do PP en Cambados.
                                    •  Proposta de charla en Ribadumia sobre os recortes aos pensionistas e os expedientes de facenda aos pensionistas emigrantes retornados.
                                    •  Propostas para activar ANOVA a nivel local en Meis.
3.      Circular de Organización sobre a estructuración de ANOVA a nivel local e eleición de responsabilidades (Adxuntase copia da circular de organización sobre as responsabilidades a designar en cada Asemblea e como estructurala)
4.      Varios.
                       a.      Reparto da Lotaria de Nadal.

21 nov 2013

A xestión de Núñez Feijóo fai que Galiza perda autonomía financeira

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Antón Sánchez, denunciou o espectacular incremento da débeda autonómica dende que Alberto Núñez Feijoo chegou á presidencia da Xunta de Galicia, que provocou o conseguinte incremento do custe anual do servizo da débeda aos galegos e galegas que ten consecuencias sobre a redución do gasto non financeiro e sobre a perda de autonomía financeira de Galiza, todo o contrario do que presume o Partido Popular.
No proxecto de Orzamentos da Xunta para o 2014, en trámite, o importe do total de operacións correntes (capítulos I ao V) : é de 7.213,8 millóns de euros e a suma de amortización capital e gastos financeiros da sección 22 (custo servizo débeda) é de 2.071,1 millóns de euros, polo cal a porcentaxe de custo da débeda sobre as operación correntes é de 28,71%, superior, por tanto, ao límite máximo do 25% que determina o art. 30.2 do DL 1/1999, Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (*)
O límite do 25% sobre os ingresos correntes sería de 1.803,5 millóns de euros, polo cal os Orzamentos excédense na sección 22 (custo do servizo da débeda) en 267,6 millóns de euros sobre o límite normativo que fixa a lexislación autonómica.
O incremento do custo do servizo da débeda (que case duplica ao do exercicio 2013) está causado tanto polo incremento dos gastos financeiros como, moi especialmente, polo incremento do endebedamento neto (que medra 115 millóns respecto do 2013, un 18% mais).
Consecuencia de dito incumprimento é que no 2014 todas as emisións de débeda da Xunta deben ser previamente autorizadas polo Estado (**).
Para Alternativa Galega de Esquerda resulta sorprendente ao respecto que nin na Memoria dos Orzamentos nin no Informe Económico-Financieiro se conteña a máis mínima referencia ao incumprimento do límite máximo do 25% que fixa a normativa autonómica de réxime económico-financieiro nin ao feito de como consecuencia de dito incumprimento as emisións de débeda da Xunta teñan que ser previamente autorizadas polo Estado.
“Pese a que o señor Nuñez Feijoo presume de non ter que recorrer ao Fondo de Liquidez Autonómico, por unha suposta solvencia da Xunta de Galicia, e que con iso nos financiamos máis barato, a realidade é ben distinta á que nos pinta un presidente demasiado acostumado a mentir” declarou o deputado Antón Sánchez.
O Consello de Ministros do pasado 31 de outubro acordou autorizar á Xunta a formalizar préstamos a longo prazo (podes comprobar no enlace) en moeda distinta do euro e emitir débeda pública por importe de 257.588.000 €. Ditas operación de endebedamento teñen por finalidade o financiamento do déficit orzamentario do exercicio 2013, acordado no Consello de Política Fiscal e Financeira do pasado 31 de xullo.
No DOG de hoxe publícase as condicións de dita emisión, a un tipo de interese do 2,75%(podes comprobar no enlace). Dito tipo de interese é superior ao tipo de interese da débeda equivalente do Estado (tipo de interese dos bonos do Estado a tres anos da última poxa : 2,064 %).
E non só iso senón tamén superior á emisión recente de débeda doutras comunidades autónomas, caso, por exemplo, da de Canarias, cun tipo de interese nominal fixo do 1,75%.(podes comprobar no enlace)
Por todo elo AGE, a través do seu deputado Antón Sánchez, rexistrou no Parlamento unha interpelación para que a Xunta de Galicia aclare a situación do financiamento da débeda e do seu custo. O goberno da Xunta debería explicar e xustificar como nunha situación de descenso dos tipos de interese do mercado da débeda pública nos Orzamentos do 2014 os gastos financeiros medran nun 18% respecto do 2013. “O interese do señor Feijoo de vender unha imaxe falsa da súa xestión económica pagámola todos e todas os galegos e galegas en forma de máis custo da débeda e menor gasto social” sinalou o deputado Antón Sánchez.
(*) O art. 30.2 do vixente Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en relación coa débeda, dispón que “A contía das anualidades de amortización, incluído capital e xuros, non poderá exceder do 25% dos ingresos correntes previstos nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma en cada ano”.
(**) A Disposición Transitoria Terceira da LO 2/2012, de estabilidade orzamentaria habilita temporalmente (ata 2020) a non aplicación do límite do 25% fixado no art. 14.2 da LOFCA, pero requerindo para elo a concurrencia de circunstancias económicas extraordinarias e que o seu obxectivo sexa a cobertura dos servizos públicos fundamentais e precisando, ademáis, que nese suposto as operación de débeda deben ser previamente autorizadas polo Estado.

18 nov 2013

PARADE!

“Nenos, nenas…XOGADE!” Cantas veces temos escoitado esa frase, ou algo similar, na nosa infancia. O deporte é algo fundamental na nosa vida, nos acompaña dende cativos que é cando estamos máis activos e sempre vai ligado a nós como un método san e beneficioso pra a nosa saúde, autoestima, desenrolo social,… Na escola foméntano en forma de asinatura, Educación Física, no cal nos instrúen na práctica de diversas disciplinas (fútbol, baloncesto, vollei, bádminton,…).

Nestes tempos que nos toca vivir, todo semella que é ao contrario; unha nova medida tomada pola Xunta, gobernada por un PP tiránico e incompetente, obriga á paralización de toda actividade futbolística das categorías base (adestramentos e competicións dende cadetes ata prebenxamíns). A razón é a prórroga do seguro médico deportivo do PROGRAMA XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), impedindo a práctica do fútbol ao arriscar aos clubs a correr eles cos altos gastos médicos dos seus xogadores no caso de se mancar. O devandito programa naceu pra apoiar aos equipos en categorías base de distintas modalidades deportivas pra cubrir o pago da mutualidade, o que supón un alivio pra a economía de moitos clubs; sempre houbo a ameaza durante varias tempadas de que esta axuda desaparecería, e semella que desta vez cumpriuse. Analizando a situación, as consecuencias directas, serían as seguintes: os xogadores con ficha en vigor do ano anterior teñen a asistencia médica cuberta ata decembro, ao estar contratado un ano natural grazas á tempada pasada, o problema radica nos novos xogadores, eles son quenes non terían ningún dereito ao retirárselle automáticamente o seguro.

Esta decisión afectará a milleiros e milleiros de menores galegos que comezaban con toda a ilusión do mundo esta tempada, e que de noite pra mañá poderían verse sen equipo, e o máis preocupante, os gastos dos pais e nais e principalmente dos equipos que xa están realizados.

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, sendo cómplice das prácticas recortantes provintes de Madrid, non está apoiando á realización do deporte en xeral a todos os niveis, menosprezando disciplinas frente a outras, favorecendo uns equipos frente a outros, mantendo cargos, exercendo o enchufismo “por doquier”, as taxas abusivas das federacións, os prezos das entradas aos ximnasios,… Acaso alguén pensa que é unha boa xestión do deporte? Isto traerá consecuencias nas persoas de non favorecer á súa práctica: fomento do sedentarismo, enfermidades cardiovasculares, baixa autoestima, depresión, problemas para durmir, sensación de cansancio, problemas de relacións sociais, obesidade,…

A práctica do deporte non pode faltar nas nosas vidas e dende cativos haina que fomentar. É un deber da sociedade pra ter un futuro san.

15 nov 2013

A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans, e as falsas Promesas do Partido Popular

Dende Anova Cambados queremos demostrar e aportar datos e luz, a tódalas dubidas que poidan aparecer con respecto as recentes manifestacións do Alcalde de Cambados, Luís Aragunde, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.

No dia de hoxe podemos ver como o Alcalde de Cambados se comprometeu publicamente, novamente, e que así o ia facer público mediante comunicados que se van colgar en distintas partes do Concello, de que as comportas do Saco de Fefiñans non van a comezar a funcionar ata que este rematado o saneamento integral a cargo de Augas de Galicia, a pesar de que xa comezaron as obras de instalación das mesmas, e en troques as de saneamento inda nin foron adxudicadas, nin sabemos que empresa as vai realizar.

Para entender como o Partido Popular non cumpriu o prometido, vamos comezar en Febreiro de 2011, cando o Presidente de Portos de Galicia afirmaba rotundamente que as Comportas serian instaladasunha vez que se rematara o saneamento do saco de Fefiñans, o cal estamos a ver a dia de hoxe, é mentira, e que se pode comprobar no Anexo. Pasado o tempo, e en vista de que se ia descubrir que estas afirmacións eran totalmente distintas a realidade, a propia Consellería, a través do Parlamento de Galicia, xa aclaraba que a activación destas comportas comezaría cando remataran as obras de saneamento do Saco de Fefiñans, e que as obras da instalación das comportas, se atopaban en “stand by” ata que as obras de saneamento comezaran, para cumprir o compromiso de instalala en paralelo as obras de saneamento, según documento anexo, xa se comeza polo tanto a modificar o discurso para adaptalo a realidade na que nos atopamos a dia de hoxe, na que as obras de saneamento non se fixeron nin antes, nin o mesmo tempo, se non, na que as obras de instalación das comportas xa comezaron, e inda non se licitaron sequera as obras de saneamento, e polo tanto non se cumpre novamente o compromiso que se fixo publico e que se ratificou en sede parlamentaria.

Pero o mais grave de todo, e que mostra como interesadamente se engana as mariscadoras de Cambados neste tema, foi o suposto compromiso que se fixo a Cofradía de Cambados por parte do Concello e da Xunta de Galicia, no cal se afirmaba non so que as comportas non entrarían en funcionamento ata rematar o saneamento, se non que tamén que o control do sistema hidráulico seria controlado pola propia Cofradía de Cambados, o cal e totalmente falso, xa que según a Resolución do Informe de Avaliación Ambiental para a instalación destas comportas e que se adxunta, queda claro no Anexo, que o control destas comportas terá que ser consensuado o réxime de funcionamento a través de distintos organismos, e no que como mínimo deberan participar, a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e o Organismo Estatal, “Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar”, polo tanto non dependera da Cofradía de Pescadores como así se afirmou nos distintos Medios.


Todas estas contradicións e mentiras por parte dos distintos organismos onde goberna o Partido Popular neste asunto, e ver que a realidade e totalmente distinta o prometido en reiteradas ocasións, nos leva a desconfianza de que realmente se lle informa aos veciños de Cambados da realidade destas comportas que se están a instalar, namentres inda non se adxudicou o saneamento do Saco de Fefiñans, que é o que realmente demandan os colectivos e os veciños de Cambados.

Anova apoia as concentracións contra a sentenza do Prestige: NUNCA MÁIS!

"Estamos ante unha absolución de toda responsabilidade á administración e ao poder político que contan cunha impunidade total para poder cometer o crime que queiran cometer deixando na máis absoluta indefensión aos cidadáns" - sinalou Xosé Manuel Beiras. Estamos ante unha sentenza absolutamente indecente, que chega despois de once anos dunha catástrofe ambiental de magnitudes inconmensurábeis e a xustiza non atopa responsábeis penais -nin ao parecer de ningún tipo- e como resultado tampouco responsabilidades subsidiarias dunha administración incompetente. Estamos ante unha grave inxustiza cometida pola propia administración de xustiza. 

Como dixo ao coñecer esta sentenza o Portavoz Nacional de ANOVA Xosé Manuel Beiras: "Parece que estamos ante unha catástrofe natural, unha sorte de imponderable desastre no canto dunha irresponsábel actuación dunha administración que como no caso recente do accidente de Angrois busca un chibo expiatorio no maquinista, cousa que neste caso nin sequera posto que exonera a todos os actores da máis mínima responsabilidade. Lembremos que daquela o vicepresidente Rajoy, hoxe presidente do Goberno Español é o principal responsábel, o famoso "señor de los hilillos" de plastilina, cando sobre as nosas costas ameazaba a máis enorme marea negra da nosa historia. Estamos ante unha absolución de toda responsabilidade á administración e ao poder político que contan cunha impunidade total para poder cometer o crime que queiran cometer deixando na máis absoluta indefensión aos cidadáns". Dende ANOVA entendemos que as forzas políticas e a cidadanía debemos nun xesto de dignidade apoiar o recurso desta sentenza en alzada para impedir que semellante crime quede impune.

Por iso, Anova apoia as concentracións que se celebran hoxe, venres 15 de novembro, en protesta contra a sentenza polo Prestige. Na Comarca do Salnes habera concentracións nos concellos de Vilagarcía e do Grove.

Porque hai que volver exercer a dignidade: NUNCA MÁIS!


13 nov 2013

ANOVA – CAMBADOS DENUNCIA O COMEZO DE OBRAS DAS COMPORTAS DO SACO DE FEFIÑANS QUE NON VAN A FUNCIONAR ATA DENTRO DUNS ANOS, CANDO AS QUE REALMENTE FAN FALLA ESTAN EN ESTUDIO PERO NON SE LICITAN

Comezan as Obras das Comportas do Saco de Fefiñans, cando o Saneamento inda esta sen Adxudicar por Augas de Galicia, e as que se atopan en licitación teñen un prazo de execución de 12 meses.

Dende Anova I.N. de Cambados queremos facer publica a nosa discrepancia coa forma de actuar dende as distintas Administracións que goberna o PP, e na que conta co visto e prace do Goberno Municipal, o cal presume de xestión, pero que a realidade demostra que non existe, como por exemplo nas comportas do Saco de Fefiñans.

Dende Anova Cambados, non entendemos como as obras das comportas do Saco de Fefiñans comezaron no día de hoxe, cando o propio Alcalde de Cambados, fixo publica a promesa de que estas comportas non entraríanen funcionamento, ata que se rematara o Saneamento do Saco de Fefiñans, o cal parte das obras inda saíron a licitación nestes días, cun prazo de execución de doce meses, como se pode comprobar no Documento Anexo, ademais de que parte destas obras inda están pendentes mesmo de licitación, xa que figuran nos orzamentos do 2014 (Axuntase Copia), co que seguramente o saneamento da zona non se remate ata dentro de uns dous ou tres anos.

Non entendemos como o Concello de Cambados permite que comecen unhas obras cun Importe de 472.623,58€, a empresa Civis Global, S.L. e cun prazo de Execución de 7 meses, a sabendas que estas comportas non van a entrar en funcionamento, ata dentro de uns dous ou tres anos; ou polo menos, así o fixo publico o Alcalde de Cambados, polo que entendemos que se tratara dunha inversión que durante estes anos non terá utilidade ningunha, mentres por exemplo, non se comezan as obras de Construción do Centro de Dia, da Reforma da praza de Abastos, ou do Arranxo das instalacións deportivas do Colexio Antonio Magariños ou do I.E.S. Ramón Cabanillas, que nalgúns casos si están orzamentadas, pero nin sequera están en proceso de licitación, e nas que inda non se viu realizar ningún traballo nelas, inda que o Alcalde afirmara nunha recente entrevista que xa se había feito o 50 % do preciso para obter as obras, e contaba co compromiso das institucións, pero que se tratan de obras que son precisas a dia de hoxe polos veciños de Cambados, e que así o esta a demandar a cidadanía, pero que dende as institucións non se lle dan prioridade algunha.


O que mais nos leva a preocuparnos de todo isto é como se permite o comezo da instalación destas comportas, que van ter que permanecer paradas durante dous ou tres anos, se o Alcalde cumpre coas declaracións que fixo publicas nos distintos medios de comunicación; e que sentido ten, ter unha obra hidráulica destas características parada durante todo este tempo, e quen se fará cargo nun futuro, se fora preciso, das reparacións e do acondicionamento para volvelas a poñer en funcionamento dentro de dous ou tres anos, cando no Saco de Fefiñans se rematen as obras de saneamento, se todo sae como esta previsto. ¿Esta é a magnifica xestión que nos vende o Partido Popular de Cambados? comezar unhas obras que non se van a poñer en funcionamento ata dentro duns anos, mentres as que si son realmente precisas e que demanda a cidadanía se dilatan argumentando que se atopan en estudio, ¿Que beneficio vai ter Cambados durante estes anos se as comportas non se van poder utilizar? ¿Non seria mellor destinar eses fondos as obras que agora mesmo fan falta en Cambados?







5 nov 2013

Impresións do Pleno do Concello de Cambados de Outubro de 2013

O pasado Xoves tivo lugar no concello de Cambados o Pleno Municipal, por chamarlle de algunha maneira, onde se trataran varios temas, entre eles a suba das Tasas e varias mocións da oposición con representación no pleno,  e na que como xa nos ten acostumados o Goberno do PP de Cambados, volveuse a practicar o escapismo por parte do Alcalde, Luís Aragunde, para non tratar os temas que se levaban ao pleno, se non falar de outras localidades e outros impostos, dos que se traian a debate.

O pleno comezou tratando a suba das Tasas municipais aplicando un incremento do 1,5 %, unha subida dos impostos indirectos que sufriremos por igual tódolos veciños e veciñas de Cambados, con independencia da capacidade económica do contribuínte, e o que supón un gran incremento para aquelas familias que están a sufrir o mais duro da crise, con tódolos seus membros en desemprego, e que entroques foi calificado, coma unha “Adaptación” por parte do noso alcalde, restándolle valor ao incremento que se ia aprobar, tendo en conta que o soldo do noso alcalde rolda os 3.300 € mes en 14 pagas, incremento nos impostos que para el apenas ten importancia en comparación cunha familia que apenas cobra 400 € do subsidio de desemprego, alegando que a xente que o precisa en cambados atopase atendida polo servizo de asuntos sociais do concello de Cambados, pero polo contrario atopamos novas como estas nos xornais, onde se manifesta como son as ONGs as que teñen que cubrir as necesidades básicas dos veciños que así o precisan.  

Pero o mais triste de todo e que para defender esta subida de impostos, volveuse a utilizar con reiteración a comparación con outros concellos, comparando Cambados con Caldas, Poio ou Pontevedra, por certo concellos que nin son da nosa comarca, e como trataban un imposto directo como é o I.B.I. (Urbana), que por certo non se estaba nin se quera a tratar neste pleno, tentando desviar o máximo posibel a atención no que se estaba a tratar e descalificando a oposición alí representada polo política fiscal que estaban a aplicar nos concellos que gobernaban, pero sen dar nin unha explicación por que viña motivada esta subida, nin cal foi a xustificación económica para aplicar este incremento nas tasas municipais como establece a Lei Reguladora de Facendas Locais, xa que o custe dunha tasa municipal, ten que ser o custe real de prestar este servizo, e polo tanto se esta tasa se incrementa, tense que xustificar cun informe económico, que acredite o incremento do custe da prestación deste servizo, pero que no debate non se tratou en ningún momento.