Mostrando entradas con la etiqueta beiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta beiras. Mostrar todas las entradas

29 may 2013

O presidente da Xunta inverte agride á oposición coa conivencia da presidenta do Parlamento

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia o comportamento nas súas comparecencias parlamentarias do presidente da Xunta, quen inverte os roles, non responde ás preguntas, e agride e descualifica á oposición por exercer as súas funcións. A Presidencia da Cámara, no entanto, nunca o chama á cuestión nin, de ser o caso, á orde.
Pleno após pleno, a presidenta do Parlamento coarta sistematicamente os dereitos da oposición e non é quen de cumprir as funcións arbitrais do seu cargo. Esta mañá, unha vez máis, Pilar Rojo deu un recital de como non levar un debate na Cámara e de como, no canto de exercer a imparcialidade, converterse nun axente ao servizo do Partido Popular. As chamadas á orde aos parlamentarios da oposición sucédense de maneira arbitraria. Mentres, nas bancadas da dereita, ateigada de hooligans que patean os escanos cada vez que un deputado de AGE, PSdeG ou Bloque exerce a crítica á Xunta, todo transcorre sen que Rojo as chame á orde. Hoxe, ademais e de maneira totalmente unilateral, a presidenta do Parlamento decidiu expulsar á deputada de Alternativa Chelo Martínez e volveu amosar a súa absoluta falta de imparcialidade e as diferentes vara de medir que emprega ante o grupo que apoia ao Goberno e os grupos que non o fan.

28 may 2013

Xosé Manuel Beiras denuncia “as aventuras demenciais” en que se embarcaron as caixas e “a fraude sen control” das preferentes

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda equipara as normas do Goberno de Rajoy cun imaxinario apoio aos gangsters no Chicago dos anos vinte e trinta

As denominadas participacións preferentes, unha estafa organizada por bancos e caixas e posibilitada pola lasitude ética do neoliberalismo que afecta a 85.000 persoas en Galicia, foron “unha fraude sen control ningún”. Así o expresou o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, quen se preguntou “onde estaba daquela o Banco de España, cando comezou este crime social na época do que o chorado Sampedro chamaba o aznarato”. AGE apoiou cos seus votos unha proposición de lei do BNG para garantir a devolución íntegra do valor nominal das participacións, finalmente respaldada por toda a Cámara.

21 may 2013

Beiras afirma que só “a xente en pé de guerra cívica” será quen derematar coas agresións do poder


“O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento”, denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, “xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade”. Para o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o partido de Alberto Núñez Feijóo non fai outra cousa ca “marear a perdiz” e perder o tempo con cuestións burocráticas e de protocolos. Mentres, na rúa, a cidadanía do común, as clases traballadoras, sofren as consecuencias materiais terríbeis dunhas políticas decididas en instancias que non responden á vontade popular e que o PP aplica cun entusiasmo case sádico.


Nesta situación, Alternativa ten claro o diagnóstico. Expresouno Beiras: “A única solución é que a xente se poña en pé de guerra, civicamente, porque é indecente como están mallando nas clases traballadoras”. A saída ao impasse político e social, daquela, procederá da mobilización e da protesta, do que o portavoz de AGE denomina “ruptura democrática”. “Non creo que este réxime corrupto teña saída, non creo que se poida solucionar a corrupción no actual réxime, non creo que esta cámara de representantes poida volver ser cámara de representantes”, considerou, “así que unicamente unha ruptura democrática pode rematar con esta podremia”.


14 may 2013

Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns“mentres non se converten en súbditos”



Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns “mentres non se converten en súbditos”. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que a conselleira de Facenda “ten o mérito dos computadores, métenlle o programa e recítao sen importarlle o que acontece”

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, realizou unha inocua comparecencia no Parlamento de Galicia para, teoricamente, explicar as liñas de traballo do seu departamento. Pero o que expuxo foi unha serie de lugares comúns do ultraliberalismo, o sometemento da Xunta ao débedocracia e aos mandados da troika e unha brutal insensibilidade respecto do sufrimento e a dor que as súas políticas causan nas maiorías sociais. “O que acontece é que para vostedes os cidadáns son superfluos”, acusou Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “polo menos mentres non sen converten en súbditos”.

7 may 2013

O PP négase, unha vez máis, a que Rueda explique a represión ás traballadoras de Conservas Cuca

Unha vez máis, o PP emprega a súa maioría para impedir que o Parlamento funcione como debe: como a Cámara en que os representantes electos renden contas ante a cidadanía. A dereita negouse, de novo, a que o vicepresidente da Xunta, responsábel de Xustiza e Interior, Alfonso Rueda, compareza no Hórreo para explicar por que a policía nacional bateu nas traballadoras de Conservas Cuca en Vilaxoán. Os denominados antidisturbios fixeron de garda de corps do empresario, que entrou na factoría para retirar a maquinaria cando esta se atopa mergullada nun conflito xudicial. As chamadas forzas de orde pública serviron de parte do propietario. Alfonso Rueda, como membro da Xunta con maiores atribucións en materia policial, non quere falar sobre o acontecido no Parlamento.