16 ene 2014

A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans denunciadas por Anova ratifícanse coas declaracións feitas polo Conselleiro de Medio Ambiente estes días na prensa, o Partido Popular incumpre o acordado en sede parlamentaria

Dende Anova Cambados queremos reiterar como o PP segue sen priorizar as inversións feitas en Cambados, en concreto nas obras que se pretenden realizar no Saco de Fefiñans con respecto as recentes manifestacións polo Conselleiro de Medio Ambiente, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans e o saneamento da zona, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.

Nestes días podemos ver como o Conselleiro de Medio Ambiente recoñeceu publicamente que o obxectivo do seu departamento e que as obras de Saneamento da Zona do Saco de Fefiñans sexan contratadas antes do verán, cun prazo de execución de 12 meses, namentres que as comportas do Saco de Fefiñans xa comezaron dende o pasado mes de Novembro cun prazo de execución de 7 meses, polo que as obras de instalación destas comportas estarían rematadas, no mellor dos casos, xusto cando comecen as obras de saneamento, cun prazo de 12 meses de execución, iso si se cumpren desta vez os obxectivos nos prazos declarados polo Conselleiro de Medio Ambiente, pero que xa foron variados en continuas ocasións.

Para entender como o Partido Popular non cumpriu o prometido, vamos comezar en Febreiro de 2011, cando o Presidente de Portos de Galicia afirmaba rotundamente que as Comportas serian instaladas unha vez que se rematara o saneamento do saco de Fefiñans, o cal estamos a ver a dia de hoxe, é mentira, e que se pode comprobar no enlace. Pasado o tempo, e en vista de que se ia descubrir que estas afirmacións eran totalmente distintas a realidade, a propia Consellería, a través do Parlamento de Galicia, xa aclaraba que a activación destas comportas comezaría cando remataran as obras de saneamento do Saco de Fefiñans, e que as obras da instalación das comportas, se atopaban en “stand by” ata que as obras de saneamento comezaran, para cumprir o compromiso de instalala en paralelo as obras de saneamento, segundo documento adxunto, e a vista destas afirmacións feitas nestes días polo Conselleiro de Medio Ambiente, adiando novamente a contratación das mesmas, vemos como o Partido Popular, non so minte os veciños de Cambados, se non que tamén incumpre o acordado en sede parlamentaria.


Pero o mais grave de todo, é que se o Concello de Cambados cumpre a promesa feita en reiteradas ocasións de que as comportas non comezarán a funcionar ata que este rematado o saneamento do Saco de Fefiñans, e si se cumpren os prazos de execución das comportas, as cales están previstas en sete meses dende o mes de Novembro no que se comezaron as obras, e temos en conta que o saneamento do Saco de Fefiñans ten un prazo de execución de doce meses, ímonos atopar cunha obra publica cun custe de 472.623.58 €, que non vai ser utilizada durante un ano, o que dende Anova consideramos sangrante nestes momentos de dificultade que están a pasar moitos veciños de Cambados, e cando nos atopamos con multitude de obras precisas para o Concello, e que deberían ser consideradas moito mais urxentes, e nestes momentos non dispoñen de fondos para ser executadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario