4 ene 2014

ANOVA PIDE EXPLICACIÓNS E TRANSPARENCIA POLA QUERELLA CONTRA O ALCALDE DE CAMBADOS.

Sospeita que esta denuncia ten que ver coas malas prácticas xa denunciadas por ANOVA e pola propia interventora do Concello no informe das contas do Concello.


O Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista en Cambados a vista na nova aparecida hoxe nun medio de comunicación sobre a admisión a trámite dunha quérella xudicial contra o alcalde de Cambados por falsidade documental, quere facer públicas as seguintes consideracións:

Pola información daque se fai eco o xornal a denuncia fundaméntase na acusación de que o Concello de Cambados nega o recoñecemento a empresa dunhas facturas presentadas por obras realizadas a maiores en diversos investimentos contratados polo Concello a esa empresa.  A empresa acusa de falsidade documental e polo importe reclamado, 140.000 euros o tipo de denuncia e penal.

E evidente que faise necesaria por parte do Concello de Cambados, a parte da obrigatoria colaboración coa xustiza en todo o que se lle demande, un urxente exercicio de transparencia.   ANOVA ante esta situación esixe “luz e taquígrafos”, que se publiquen os motivos e argumentos da denuncia e que se permita o acceso a toda a documentación existente en relación con esas obras e o obxecto da denuncia.

Concretamente se a denuncia ten que ver con facturas de sobrecustes de obras contratadas, habería que comprobar como se realizaron esas contratacións, as condicións establecidas e, moi importante, as certificacións e informes dos técnicos municipais e de dirección de obra sobre o desenvolvemento e recepción das obras por parte do Concello. No caso de non existir está documentación, o Concello de Cambados estaría metido “nun bo lio”.

Ademais no caso de ser obras que se financiaran con algunha subvención, tamén se deberían comprobar as cantidades económicas que o Concello xustificara para percibir a subvención, porque por aí tamén pode verse se existe ou non falsidade documental.   

Con respecto a investigación xudicial, ANOVA entende perfectamente a diferenza entre estar imputado, procesado ou condenado, e sendo certo que un imputado non é un encausado, non é menos certo que a citación como imputado fundamentaríase en indicios da participación nos feitos, por iso temos que pedir total colaboración coa xustiza, para que a investigación chegue ata o final.

ANOVA xa ten denunciado noutras ocasións as múltiples irregularidades existentes na xestión do Concello de Cambados, malas prácticas postas de manifesto incluso pola propia interventora municipal en múltiples informes e reparos as contas municipais. 

Prácticas como contratacións de asesoría externa que se fan sen contrato de prestación de servizos, obras adxudicadas sen expediente de contratación nin informe técnico  ou consignación orzamentaria; ou facturas aprobadas sen xustificación do gasto son algunhas das irregularidades que enumerou a interventora municipal e que xa no seu día denunciara ANOVA, polo cal tampouco debería estrañarnos moito que os motivos e argumentos desta denuncia contra o Concello fosen reais.


ANOVA tamén quere interpelar ao PP Galego e da Provincia de Pontevedra, para que os Señores Rueda, Louzán ou o propio Cores Touris resposten se este e o modelo de xestión que defenden para os Concellos do Partido Popular, e para que como responsables políticos da organización do Partido Popular tomen medidas para evitarlle aos veciños do Salnés o bochorno de ver a dous alcaldes en activo nos xulgados (Sanxenxo e Cambados).

No hay comentarios:

Publicar un comentario