ANOVA
quere volver insistir en demandar unha maior transparencia por parte do Alcalde
e do equipo de goberno do Concello de Cambados ademais de explicacións polo
miúdo sobre a obra que operarios municipais están a levar a cabo no lugar de
Quintáns, en Castrelo, consistente no ancheamento dun camiño que dá acceso a
varias fincas da zona, así como a vivenda - museo do escultor Manolo Paz. Na
mencionada obra están a levarse a cabo movementos e compactación de terras así
como talas de árbores.
Onde
si puidemos comprobar documentación foi na Delegación de Medio Ambiente en
Pontevedra, e comprobamos como o Concello de Cambados solicitou permiso para
asfaltar un camiño, e como Medio Ambiente non aceptou o asfaltado e concedeu
permiso unicamente para facelo con xabre.
Pero o máis curioso é comprobar como o mesmo día no que a Agrupación de
ANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presenta os escritos
no Concello e perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente
da Consellería de Medio Ambiente,
advertindo das obras e da tala de árbores, o Concello de Cambados solicita por
escrito a tala das árbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.
Ese é o xeito de actuar dun Concello? Dende
Anova consideramos que non, e por iso solicitamos que a Consellería de Medio Ambiente,
a través do Parlamento de Galicia, explique si o Concello de Cambados cumpre
coa legalidade vixente neste proceso, actuando de forma irregular, pedindo por escrito a solicitude a Consellería de Medio Ambiente para
talar 8 arbores, o mesmo dia que Anova Cambados fai a denuncia publica, e cando
mais de trinta arbores xa estaban cortadas, ademais de ser especies que nalgúns
casos non lles darían permiso para facer esa tala, o contar cunha maior
protección, e ser moi escasas dentro desta zona protexida, polo que solicitamos perante a Comisión se existe algún
informe sobre a tala desas arbores, e se estas obras coinciden coa
documentación aportada inicialmente polo concello na solicitude, e a
xustificación da mesma.
- A Continuación podese ver as explicacións que deu no Pleno o Alcalde de Cambados a partir do minuto 10.
- A Continuación deixamosvos copia da pregunta presentada polo grupo parlamentar AGE para a sua resposta oral en comisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario