5 feb 2014

A Memoria Medioambiental do proxecto das obras das Comportas do Saco de Fefiñans alertan de que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros.

Tratase dun Informe previo a licitación das obras, e adxudicado pola entidade Portos de Galicia a mercantil AQUATICA INGENIERIA, e na elaboración do mesmo participaron: Javier Sopelana Peralta (Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos), Sira López (Licenciada en Ciencias do Mar), José Ignacio Bujan (Técnico superior en desenrolo  de proxectos urbanísticos e operacións topográficas),  Rosina Acuña Castroviejo (Bióloga) e Carlos Durán Neira (Biólogo) do CENTRO DE INVESTIGACIONES SUBMARINAS. Esta memoria medioambiental foi remitida a Consellería de Medio Ambiente, para a evaluación da necesidade de realizar un informe de Impacto Ambiental da obra, e tido en consideración na resolución do mesmo, chegando a indicar o obrigatorio cumprimento do Plan de Seguimento Ambiental que se inclúen nesta memoria, pero que non se están a levar a cabo, xa que non se informa nin no pleno do Concello de Cambados, nin as propias mariscadoras nin da realización nin do resultado do mesmo, xa que inda non foi adxudicada a xestión das Comportas, que seria a empresa encargada de realizar este Plan de Seguimento Medioambiental, e nos que se requiren facer unha serie de traballos previos a instalación das comportas.

Xa na introdución da Memoria Ambiental das obras, fala de que as Comportas van ser utilizadas para controlar a mortalidade de bivalvos durante o estío, ademais de permitir a celebración de competicións náutico-deportivas con independencia do réxime de mareas, e polo tanto, non se menciona en todo o informe que vai ser utilizado para crear unha praia artificial, nin que se vaian a producir ningún tipo de aportes de area nas praias, como así declarou o Alcalde de Cambados, no que anunciou que: “Costas del Estado “vai participar no proxecto” de recuperación de la playa existente hace unos años en O Pombal. Así se lo transmitió su delegada provincial en Pontevedra, Cristina Paz Curbera, y también han solicitado una reunión para abordar este y otros temas de interés para Cambados. Para devolver la playa y facilitar la cría de marisco, sería preciso realizar algunos aportes de arena.”  Non obstante na Memoria Ambiental do proxecto, non contempla en ningures nin a recuperación de ningunha praia, nin os aportes de area, e polo tanto en caso de facerse estes traballos, irían en contra do indicado no proxecto, e poderían ter consecuencias medio ambientais que non foron analizadas nin evaluadas no mesmo, xa que esta opción non se incluía na Memoria Medioambiental.

Pero o que consideramos mais grave de todo, e que dende o grupo de Anova Cambados queremos facer publico, e como tanto na propia Memoria Ambiental como na resolución de Avaliación ambiental establece a obriga de que as instalacións destas comportas deben levar consigo unha serie de medidas preventivas e correctoras, así corno un Plan de Seguimento ambiental que non se están a levar a cabo, non se informou del nin no Pleno Municipal por parte do Alcalde de Cambados, nin tampouco se lles informou do mesmo as mariscadoras, por que a empresa que vai levar a cabo estes traballos dentro da xestión das comportas inda nin sequera foi adxudicada,  e o que é mais grave de todo, e que no propio Plan de Seguimento Medioambiental establece que permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros, xa que se trata de auga estancada, sen renovación mareal, e no que se producira un aumento da temperatura, en maior medida durante a época estival. O osixeno disolto na auga vai diminuír, podendo chegar a niveis limítantes e  pódense producir incrementos dos niveis de amonio e polo tanto do pH o non circular a auga, e ademais, as condicións microbiolóxicas e químicas das augas poden verse alteradas. 

Debido a todos estes riscos que se poden producir na Zona, no propio informe establece a realización dun seguimento das poboacións de bivalvos, así como da Calidade das Augas, detallando no propio Plan de Seguimento Medioambiental, os parámetros a analizar, e mesmo os períodos nos que se teñen que realizar, no que se inclúe un Estudio preoperacional, coa duración dunha campaña, antes de realizar as obras, e do que non se ten constancia de que se realizara, nin dos resultados do mesmo, xa que a empresa encargada de realizar estes traballos, que seria a que levara a xestión das comportas inda non foi adxudicada. Ademais, establece que se faga un seguimento continuo da Zona, chegando a establecer a posteriori da posta en funcionamento das comportas, a elaboración de móstreos e análises cada dous meses, establecendo a necesidade de analizar 6 zonas distintas dentro do banco marisqueiro, no que se analicen os exemplares de cada especie que se atopen nun metro cadrado, facendo un análise do peso húmido e densidades por clase de talla.  

Se non se levan correctamente a cabo estes traballos tanto previos, como con posterioridade a posta en funcionamento das comportas, a Memoria Medioambiental das obras, mostra que as Calidade das Augas poden chegar a diminuír a niveis que afectarían os bancos marisqueiros, por iso deben ser realizado o Plan de Seguimento Medioambiental. Pero o que mais nos chama a atención e como p pasado 6 de Decembro, tanto o Alcalde como o Presidente de Portos de Galicia, manifestaron que a Xunta de Galicia ten previsto privatizar a xestión da comporta, e que e iso leva o seu tempo.Primeiro crearase unha comisión mixta, que segundo o alcalde “aínda está nos cimentos”, e na que estarán, seguro, Portos, Confraría e Concello. Esta comisión encargarase de “definir como vai a funcionar” esa estrutura. E con iso claro, elaborarase un prego de condicións e convocarase un concurso público que pode deixar a comporta en mans dunha empresa ou doutro tipo de entidade. Pois esta empresa que resulte adxudicataria será a encargada de realizar o Plan de Seguimento Ambiental, debería xa estar adxudicada e funcionando, para poder facer os análises previos que establece o propio Plan de Seguimento, e que polo tanto vai ser adxudicado cando a comporta xa este instalada e polo tanto incumprindo a Memoria Medioambiental do Proxecto.


Polo tanto, nos atopamos coa instalación dunhas comportas apiques de rematar, cun saneamento da zona que inda non foi adxudicado, cunha Memoria Medioambiental do proxecto que non menciona por ningures nin os traballos para devolver ningunha praia, nin os aportes de area precisos para recuperar esa praia, e que polo tanto non se sabe o impacto ambiental que terían na zona eses traballos, e no que na propia Memoria establece un Plan de Seguimento Ambiental, a través da empresa que leve a xestión das comportas, que inda non esta adxudicado, e que polo tanto vai ser imposible que realice os traballos previos precisos, e no que pon de manifesto que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros, e que dito Plan, non se vai poder levar a cabo como establece a Memoria Medioambiental, por que inda non se adxudicou a empresa que os ten que realizar. Se esta é a forma de xestionar a calificada como obra mais  importante da lexislatura, polo goberno municipal do PP de Cambados, deixa moito que desexar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario