13 feb 2014

A recente Comisión creada para a xestión das comportas do Saco de Fefiñans incumpre as recomendacións feitas pola Conselleira de Medio Ambiente

Dende Anova Cambados queremos reiterar como o PP segue a realizar continuas irregularidades nas obras das Comportas do Saco de Fefiñans, así coma na súa xestión, non tendo en conta as recomendacións feitas polos distintos organismos nin os técnicos que realizaron o estudio medioambiental da obra, neste caso ponse de manifesto na recente comisión creada para a xestión das comportas, e nas que non se inclúen as recomendacións feitas na Resolución do 22 de Outubro de 2010, pola Secretaria Xeral de de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.


No dia de hoxe pódese ver anunciado na prensa como foi constituída oficialmente a Comisión que regulara o uso da Comporta do Saco de Fefiñans, e que estará composta polo Presidente de Portos de Galicia, o Alcalde de Cambados, o Patrón Maior da Cofradía de Cambados, e a Presidenta da Agrupación de Mariscadoras a Pe de Cambados, pero o que mais nos chama a atención é como nesa comisión non se inclúen os tres organismos que na Resolución do 22 de Outubro de 2010, foron recomendados pola Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e que textualmente consideran que como mínimo deben participar nesa comisión, a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Dirección Xeral Patrimonio Cultural e o Organismo estatal, “Dirección General de sostenibilidad de la Costa y el Mar”, neste caso hai que sinalar que este proxecto afecta directamente o Dominio Publico Marítimo Terrestre e a súa protección e utilización, alterando o réxime mareal e os usos comúns, establecidos no disposto na Lei 22/1988, de Costas e no regulamento para o seu desenvolvemento e aplicación, como así o sinalou este organismo na memoria que lle remitiu a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que na Resolución recomendan explicitamente a súa inclusión dentro da Comisión que regule as Comportas, e que tanto o o ente Portos de Galicia como o Concello de Cambados fan caso omiso as recomendacións feitas na Resolución de Avaliación Ambiental.


Podemos comprobar que tamén se pon de manifesto a falta de sensibilidade coa xestión Medioambiental das Comportas, debido a que non se fixeran aos estudios previos que establece o Plan de Seguimento Ambiental dentro da Memoria das Obras, e no que deixa claro a necesidade de realizar o seguimento deste Plan xa que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros, e que polo tanto considera preciso seguir EXTRICTAMENTE este Plan dende Medio Ambiente para que a obra e a xestión das comportas non afecte o banco marisqueiro, e que se esta a incumprir, xa que na Resolución deixa claro que se deberan levar a cabo todos os estudos e mostraxes e simulacións previas que sexan precisas, e que a dia de hoxe non se fixeron  como establece a Memoria Medio Ambiental da Obra e a Resolución da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario