Medio Ambiente abre expediente ao Concello de Cambados pola tala das árbores en Zona de Protección Especial e a actuación tampouco se axusta á Ordenanza urbanística reguladora desa zona.
Logo
de que a semana pasa pasada o propio Alcalde nos contestara en prensa dicindo
que "todo estaba en regra" e que nos remitiría a documentación
correspondente, a día de hoxe seguimos á espera da mesma.
Pero o máis curioso é comprobar como o mesmo día no que a Agrupación deANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presenta os escritosno Concello e perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente
da Consellería de Medio Ambiente,
advertindo das obras e da tala de árbores, o Concello de Cambados solicita por
escrito a tala das árbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.
Ese
é o xeito de actuar dun Concello? A institución que debe velar pola
legalidade urbanística, que lles esixe aos veciños permisos e documentación en
regra, actúa coa política de xeitos consumados "primeiro cortamos as
árbores e logo cando alguén denuncia, corremos a pedir o permiso". Para
máis detalles, o permiso solicitado é para a tala de 8 árbores (3 eucaliptos e
5 piñeiros) cando, pola contra, en Medio
Ambiente constan máis de 30 piñeiros cortados. Ademais de constar no
informe a tala de eucaliptos e tamén carballos e salgueiros, que nunca
contarían co permiso de Medio Ambiente para a súa tala, xa que son árbores
autóctonas que ademais están nunha zona na se atopa unha masa Salgueiral moi
escasa na Zona de Protección Medioambiental e polo tanto única, como así nolo
trasladaron dende a delegación de Medio Ambiente. En ANOVA temos
coñecemento da apertura dun expediente sancionador por parte de Medio
Ambiente contra o Concello de Cambados por esta actuación.
É
por todo isto polo que dende ANOVA - Cambados queremos volver esixir a
paralización das obras mentres non se resolva o expediente sancionador e se
aclare se esta actuación cumpre coa normativa urbanística en vigor e a
legalidade vixente.
Finalmente,
sobre as declaracións de Luís Aragunde de "se queremos apoiar ou non a
Cultura", querémoslle dicir que nos parecen de moi baixo calado e que
incluso a cultura ten que cumprir a legalidade.
Este
alcalde e o PP debían ser os menos indicados para opinar sobre cultura cando
non foron capaces nin de organizar nin de apoiar unha programación completa
para celebrar o Centenario de Cabanillas, claro que igual a cultura e ideas de
Cabanillas son máis molestas cás doutros artistas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario