Dende a Agrupación Local de Anova Irmandade Nacionalista
en Cambados queremos advertir sobre unhas obras que se están levando a cabo no
Lugar de Quintáns, na parroquia de Castrelo, nas que se está a ampliar un
camiño forestal en plena zona de protección especial medioambiental.
Ademais temos
que falar novamente de complicidade do Goberno local de Cambados e do Partido
Popular, feito que se comproba no cartel que se pode ver na foto que se achega no
que se lles di aos propietarios dos térreos que queiran obter información se
dirixan ao Concello,
pero en troques non existe ningunha información da licitación da mesma, nin
cartel anunciador como seria preceptivo, nin do promotor, nin atopamos nos distintos
diarios oficiais ningún expediente de
licitación ou de expropiación aos propietarios. Este escurantismo
na forma de actuar e o que nos leva a pensar que estaría motivado porque son
coñecedores de que as obras non contan cos permisos oportunos.
Está claro que, esta
forma de actuar non seria nova para o Concello de Cambados, xa que hai
apenas unhas semanas, puidemos comprobar como facía caso omiso a lexislación vixente nesta materia para realizar unha
obra na mesma Zona protexida, e sen contar co permiso previo da Consellería
de Medio Ambiente.
Dende Anova entendemos que é preciso prestar apoio aos artistas e as iniciativas culturais en
Cambados, pero, iso sí, CUMPRINDO A LEI. Non debemos esquecer que o noso legado
medioambiental, é moito mais importante, e tamén forma parte da nosa cultura,
polo que consideramos, que, non se debe beneficiar os intereses dun veciño, a
conta de destruír un paraxe medioambiental que conta cunha especial protección
debido a súa importancia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario