15 nov 2013

A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans, e as falsas Promesas do Partido Popular

Dende Anova Cambados queremos demostrar e aportar datos e luz, a tódalas dubidas que poidan aparecer con respecto as recentes manifestacións do Alcalde de Cambados, Luís Aragunde, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.

No dia de hoxe podemos ver como o Alcalde de Cambados se comprometeu publicamente, novamente, e que así o ia facer público mediante comunicados que se van colgar en distintas partes do Concello, de que as comportas do Saco de Fefiñans non van a comezar a funcionar ata que este rematado o saneamento integral a cargo de Augas de Galicia, a pesar de que xa comezaron as obras de instalación das mesmas, e en troques as de saneamento inda nin foron adxudicadas, nin sabemos que empresa as vai realizar.

Para entender como o Partido Popular non cumpriu o prometido, vamos comezar en Febreiro de 2011, cando o Presidente de Portos de Galicia afirmaba rotundamente que as Comportas serian instaladasunha vez que se rematara o saneamento do saco de Fefiñans, o cal estamos a ver a dia de hoxe, é mentira, e que se pode comprobar no Anexo. Pasado o tempo, e en vista de que se ia descubrir que estas afirmacións eran totalmente distintas a realidade, a propia Consellería, a través do Parlamento de Galicia, xa aclaraba que a activación destas comportas comezaría cando remataran as obras de saneamento do Saco de Fefiñans, e que as obras da instalación das comportas, se atopaban en “stand by” ata que as obras de saneamento comezaran, para cumprir o compromiso de instalala en paralelo as obras de saneamento, según documento anexo, xa se comeza polo tanto a modificar o discurso para adaptalo a realidade na que nos atopamos a dia de hoxe, na que as obras de saneamento non se fixeron nin antes, nin o mesmo tempo, se non, na que as obras de instalación das comportas xa comezaron, e inda non se licitaron sequera as obras de saneamento, e polo tanto non se cumpre novamente o compromiso que se fixo publico e que se ratificou en sede parlamentaria.

Pero o mais grave de todo, e que mostra como interesadamente se engana as mariscadoras de Cambados neste tema, foi o suposto compromiso que se fixo a Cofradía de Cambados por parte do Concello e da Xunta de Galicia, no cal se afirmaba non so que as comportas non entrarían en funcionamento ata rematar o saneamento, se non que tamén que o control do sistema hidráulico seria controlado pola propia Cofradía de Cambados, o cal e totalmente falso, xa que según a Resolución do Informe de Avaliación Ambiental para a instalación destas comportas e que se adxunta, queda claro no Anexo, que o control destas comportas terá que ser consensuado o réxime de funcionamento a través de distintos organismos, e no que como mínimo deberan participar, a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión de Recursos Mariños, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e o Organismo Estatal, “Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar”, polo tanto non dependera da Cofradía de Pescadores como así se afirmou nos distintos Medios.


Todas estas contradicións e mentiras por parte dos distintos organismos onde goberna o Partido Popular neste asunto, e ver que a realidade e totalmente distinta o prometido en reiteradas ocasións, nos leva a desconfianza de que realmente se lle informa aos veciños de Cambados da realidade destas comportas que se están a instalar, namentres inda non se adxudicou o saneamento do Saco de Fefiñans, que é o que realmente demandan os colectivos e os veciños de Cambados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario