Non
entendemos como o Concello de Cambados
permite que comecen unhas obras cun Importe de 472.623,58€, a empresa Civis Global, S.L. e cun prazo de Execución de 7 meses, a
sabendas que estas comportas non van a entrar en funcionamento, ata dentro de
uns dous ou tres anos; ou polo menos, así o fixo publico o Alcalde de
Cambados, polo que entendemos que se tratara dunha inversión que durante estes anos non terá utilidade ningunha,
mentres por exemplo, non se comezan as
obras de Construción do Centro de Dia, da Reforma da praza de Abastos, ou do
Arranxo das instalacións deportivas do Colexio Antonio Magariños ou do I.E.S.
Ramón Cabanillas, que nalgúns casos si están orzamentadas, pero nin sequera
están en proceso de licitación, e nas que inda non se viu realizar ningún
traballo nelas, inda que o Alcalde afirmara nunha recente entrevista que xa
se había feito o 50 % do preciso para obter as obras, e contaba co compromiso
das institucións, pero que se tratan de
obras que son precisas a dia de hoxe polos veciños de Cambados, e que así o
esta a demandar a cidadanía, pero que dende as institucións non se lle dan
prioridade algunha.
O
que mais nos leva a preocuparnos de todo isto é como se permite o comezo da instalación destas comportas, que van ter
que permanecer paradas durante dous ou tres anos, se o Alcalde cumpre coas
declaracións que fixo publicas nos distintos medios de comunicación; e que sentido ten, ter unha obra hidráulica
destas características parada durante todo este tempo, e quen se fará cargo
nun futuro, se fora preciso, das reparacións e do acondicionamento para
volvelas a poñer en funcionamento dentro de dous ou tres anos, cando no Saco de
Fefiñans se rematen as obras de saneamento, se todo sae como esta previsto. ¿Esta é a magnifica xestión que nos vende o
Partido Popular de Cambados? comezar unhas obras que non se van a poñer en
funcionamento ata dentro duns anos, mentres as que si son realmente precisas e
que demanda a cidadanía se dilatan argumentando que se atopan en estudio, ¿Que
beneficio vai ter Cambados durante estes anos se as comportas non se van poder
utilizar? ¿Non seria mellor destinar eses fondos as obras que agora mesmo fan
falta en Cambados?

No hay comentarios:
Publicar un comentario