Mentres o gasto en
becas e axudas en material escolar para familias con poucos recursos baixaba en
case un 70% dende o 2010 (de 6.999 € a 2.250 € no 2012) a de
bolsas de estudos para familiares de empregados subía de 3.774 € a 4.549 €.
Dende a Agrupación local de ANOVA Irmandade Nacionalista
en Cambados xa levamos tempo denunciando a falta de sensibilidade que amosa o
Goberno do PP de Cambados coas familias e veciños que peor o están pasando e
sufrindo os efectos da crise económica. Nesta ocasión queremos demostralo analizando as axudas municipais relativas
a bolsas de estudos, becas e axudas para material escolar durante estes últimos
anos.
No ultimo pleno puidemos escoitar presumir o Alcalde do PP de Cambados de ter uns orzamentos nos que se manteñenas partidas en asuntos sociais, cultura e deporte, cando a realidade é que logo
podemos comprobar que ao final o gasto realizado nestes conceptos si variou e
bastante nos últimos exercicios… Tamén presumiu de que se ía crear unha
comisión para modificar a ordenanza das bolsas municipais, pero a pesar de que
o curso escolar xa comezou, e de que a proposta é do mes de Agosto, aínda non
se fixo nada neste senso.
En canto ao gasto realizado, si lles
botamos un ollo ás gráficas que se achegan, podemos ver que a pesar de manter a
mesma partida orzamentaria nos últimos tres exercicios de 7.000,00 € (PartidaOrzamentaria 323.481.00), en troques, o gasto
real cae ano tras ano, chegando, no exercicio pasado, a gastar soamente un
32,14 % da partida orzamentaria de bolsas públicas de estudo (2.250 €). Esto significa que dende o ano 2010 reduciuse
o investimento por este concepto en case un 70%, pasando de 6.999 € a 2.250 €.
Xusto cando máis afecta a crise económica e cando máis axuda se precisa o
Concello reduce esta partida.
Sen embargo, podemos comprobar como a partida
orzamentaria para bolsas de estudos aos fillos de empregados municipais
(Partida Orzamentaria 221.162.04), dispuxo nos últimos tres exercicios dunha
cantidade orzamentaria de 3.500,00 €, pero tivo un gasto real no 2012 de 4.549,00 €, 1049€ por riba do orzamentado e máis do dobre dos
2.250,00 € que se destinaron a bolsas públicas.
Este tipo de axudas ao estudo para os
fillos de empregados municipais teñen a súa orixe no Convenio Colectivo do Concello de Cambados, no cal se especifica que todos os empregados municipais que teñan fillos que están cursando
estudos teñen dereito a este tipo de axudas, con independencia do salario que
perciban e, sen que importen as rendas do empregado municipal. Deste xeito
é posible que un empregado do Concello, con salario fixo, poida acadar un
importe superior ao que se lle concede a unha familia sen recursos e que
solicita as bolsas públicas municipais.
O que é evidente é que esta redución no
importe das bolsas públicas non se debe a que non existan rapaces que precisen
o diñeiro para os seus estudos. Non hai que esquecer que, como fixo público Amigos de Galicia hai uns días na prensa, axudóuselles a un total de 21
escolares na adquisición de material escolar, e fíxose a través das
colaboracións dos veciños e das librerías cambadesas. Parece que no Concello de
Cambados non interesa axudarlles a estas familias e así dispoñer dun exceso de
crédito nos orzamentos para destinalo ás axudas para o estudo dos fillos de
empregados aínda que se exceda a partida orzamentaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario