Dende ANOVA I.N. de Cambados, queremos facer publica a nefasta xestión por
parte do actual e anteriores gobernos do PP de Cambados nunha vital
infraestrutura para a economía de Cambados, O Poligono Industrial Sete Pias.

Sempre se dixo que o PP utilizaba o Concello como o seu couto
particular, sen respectar os principios de igualdade e transparencia, e en
beneficio dos intereses do partido e dos seus dirixentes. Que había
contratacións irregulares,favores, … sempre
se dixo pero poucas veces quedou tan claramente reflexada está situación en
documentos oficiais como no Informe de Intervención e Tesourería, emitido pola
interventora municipal Concello de Cambados correspondentes ao exercicio 2012.
Neste informe, aparece claramente reflexado por parte da
Interventora Municipal, como no alleamento das parcelas do polígono industrial,
nos exercicios 2001 e 2002 aparece un saldo pendente de abono por parte de
compradores dalgunhas desas parcelas por importe de 114.369,89 €, terreos que
foron expropiados no seu momento a veciños do Concello, e que agora os
compradores deses terreos non abonaron ao Concello, supoñendo unha gran perdida
de ingresos as arcas municipais.
Pero o mais grave de todo, a pesar de contar o Concello
de Cambados con un Asesor Xurídico dentro do persoal do concello, e do alto custe
que supón para tódolos veciños de Cambados, como denuncia a Interventora
Municipal, “O que non pode continuar é a inacción deste Concello, sobre todo porque os referidos dereitos continúan
pendentes de ingreso á Facenda municipal, debendo realizarse as actuacións
necesarias para o seu cobro, mediante o exercicio, no seu caso, das
correspondentes accións civís, dada a natureza privada do ingreso. Vólvese a reiterar asemade, que o feito
de que ditas cantidades continúen pendentes de cobro esta a provocar un
menoscabo ós caudais municipais, coa conseguinte responsabilidade por tal
situación.”
Non se pode permitir que continúe esta inacción por parte
do Goberno Municipal do PP de Cambados, que antes de reclamar uns cartos, e
seguramente ter que denunciar este impago, prefire ano tras ano, deixar correr
o tempo sen reclamar unha débeda de tal importe, por que se non se actúa dita
débeda podería chegar a quedar prescrita e non se podería reclamar nos
tribunais, estarían dispostos os membros
do Goberno do PP a facer fronte a súa responsabilidade nesa débeda, e afrontar
o pago da mesma se non se pode reclamar nos tribunais se esta queda prescrita?
Actuarían desta maneira se lle deberan a eles os cartos e non a tódolos veciños
de Cambados? Esta e a forma de Xestionar os recursos de tódolos veciños de
Cambados que tanto presumen dende o Goberno do PP?
Pero apesares do que acabamos de expoñer, isto non é a
única situación irregular no Polígono Industrial por parte do Goberno do PP de
Cambados, xa que existen mais formas de
actuar que poñen de manifesto a nefasta Xestión do PP de Cambados dos recursos públicos, en relación a Nave
Loxística propiedade do Concello de Cambados e que foi destinada a aluguer
durante estes anos.


Pero o mais grave
de todo, e que non ten ningún tipo de escusa por parte do Goberno Municipal do
PP de Cambados, e como a unha empresa, que adebeda o Concello de Cambados a
cantidade de 23.614,88 €, pola utilización do espazo publico da Nave Loxística
Sete Pias, e que non se faga nada para reclamar esta débeda, se lle adxudique
de forma irregular, como así manifestou a interventora Municipal no Informe de
data 13/04/2012, o cal se pode ver na imaxe, se lle abona a factura 2012FACTU/133 por
importe de 47.199,99 €, en concepto ventas para o Colexio Magariños, omitíndose
o procedemento de contratación legalmente establecido, estando en presenza dun
contrato verbal prohibida pola lexislación vixente, e sen constar nos
expedientes de obra, nin o orzamento de obra (debidamente conformado polo
técnico municipal), nin aprobación previa do gasto; ademais de que as facturas
carecen da firma do técnico municipal, estando conformadas unicamente pola
alcaldía, e polo capataz de obras.
Polo que estamos
ante unha adxudicación irregular según se desprende do informe da interventora
municipal, dunha obra por importe de 47.199,99 €, a unha empresa que adebeda o
concello de Cambados 23.614,88 €, e que non se procede a reclamar esa débeda a
pesares de provocar quebrantos económicos para a facenda municipal, agravios
comparativos e incumprimento da legalidade aplicable, e que se manteña a
inacción na reclamación da débeda ano tras ano, parece que en vez de recramar a
debeda, estaselle a agasallar coa adxudicación dunha obra, e o que é mais grave
de todo, de forma irregular...
CONCLUSIÓNS:
Que fai o PP de Cambados diante desta situación?, POÑER
UNHA VENDA DIANTE DOS OLLOS, a pesar da reiteración de advertencias, segue ano
tras ano cometendo as mesmas irregularidades.
Como van a competir o resto de empresas de Cambados ante este agravio
comparativo, que pasaría se calquera de nos, por exemplo adebedara o recibo da
auga ou do saneamento, ou o Imposto de Circulación, canto tempo tardaría o
concello en embargarnos os bens, ou premiaríanos cunha adxudicación irregular?. Esta
situación só pode explicarse polo interese do Partido Popular de manter o status quo de determinados poderes
fácticos de Cambados e os privilexios que lle outorgan a certas empresas do
Concello que logo lles resultan moi útiles para a financiación das campañas
electorais.
Para o Grupo Local de ANOVA Irmandade Nacionalista de
Cambados non se pode seguir ignorando estas irregularidades, entendemos que xa
está ben desta situación. Estamos nun
momento en que os cidadáns están cansos de ver todos os días situacións de
corrupción na política, de tratos de favor e como se manteñen determinados
privilexios, polo que entendemos que o PP non pode seguir a actuar así en Cambados.
Dende ANOVA
estamos analizando polo miúdo estes reparos e continuaremos a denunciar as
situacións irregulares e a publicalas para coñecemento de todos os veciños de
Cambados. Tamén trasladaremos está
situación ao Parlamento Galego, a través dos Deputados de Alternativa Galega de
Esquerda, para que interpelen ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, e
secretario en excedencia do Concello de Cambados, sobre si avala está xestión
irregular e se ese é o modelo que pretende implantar nos demais Concellos o
Partido Popular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario