28 jun 2013

O PP DEMOSTROU NO PLENO DE ONTE NON SO QUE NON LLE IMPORTAN OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS DE CAMBADOS, SE NON QUE NIN SIQUERA OS QUERE ESCOITAR.

“No está permitido hablar, y si me vuelven a interrumpir voy a tener que desalojar el pleno”


Pleno do Concello de Cambados
Esta foi a única resposta que lles deu o Alcalde de Cambados, aos numerosos veciños que onte acudiron o pleno en defensa dos seus postos de traballo, intentando buscar apoio institucional ante o grave problema que afecta ao traballo de un millar de mariñeiros da comarca pola Regularización das Embarcacións Pesqueiras, con varios veciños de Cambados afectados directamente, veciños que viven do mar, e que viron como o Goberno Municipal do PP lles deu as costas, e non amosou o mais mínimo interese nin en arranxar a actual situación na que se atopan nin , o que é mais duro, sequera en defender os intereses do seus propios veciños.


A imaxe que se deu onte no pleno do Concello de Cambados ao remate do mesmo, cando se tratou a ultima moción do Orde do dia, na que se trataba o tema da Regularización das Embarcacións Pesqueiras, foi unha autentica vergoña para o noso concello, como comprobaron o medio centenar de persoas que acudiu a este pleno. A tarde transcorria con certa normalidade, ata que o Alcalde de Cambados, o de Ilustrísimo deixouno esquecido na casa, vendo que a intervencion dunha membro da oposicion era recibida polo público con aplausos de aprobación, dedicouse, primeiro a interromper continuamente a esta persoa que facía uso do seu turno de palabra, e logo, nin corto nin perezoso, mostrando unha moi mala educación, e vendo que con interromper non lle era suficiente, comezou a berrar polo micrófono para tratar que non se escoitara a intervención da oposición. Unha escena patetica, berrando Luís Aragunde polo micrófono que a culpa era de Europa, e que xa se fixeron varias regularizacións antes pero os mariñeiros pasaran do asunto, que polotanto tiñan que haber arranxado as embarcacións no seu momento e non viñeran agora a molestar, que a Xunta de Galicia anos atras quixera comprar Tonelaxe para despois venderllo os mariñeiros e que Felipe González non lles deixara, que o PP non tiña a culpa de nada, e varias frases mais que daban a entender que en último caso a culpa era dos mariñeiros. Onde estaba Luís Aragunde cando Felipe González era presidente e que ideoloxías políticas tiña o actual alcalde na sua época moza.


Reunion dos Afectados co Patrón da Cofradia de Cambados
Pero non contento con estas afirmacións absolutamente fora de lugar, e moi interpretables, o noso Alcalde e representante de tódolos veciños de Cambados, empezou a dicir que non toda a xente en Cambados estaba de acordo coas reivindicacións dos afectados pola regularización das embarcacións, que un veciño de Cambados fora ó concello e lle dixera que tivera que hipotecar a casa en 11.000 €, para poder pagar o Tonelaxe da súa embarcación, e que estaba en contra de que agora, a "estes" lles salga todo gratis. Esto último encendou os ánimos dos afectados, que lle chamaban “Trampón” e dicían en voz alta que “Iso é mentira, amósanos os papeis”. O Alcalde seguiu a súa intervención asegurando que dende o Concello tiñan que defender a tódolos Cambadeses, e que esta xente, non representaban o sector do mar, e que o sector do mar esta representado pola Cofradía de Cambados e a Federación, e non pola plataforma de afectados, afirmacións coas cales aumentou a indignación dos afectados que de seguido, a pesares de que o señor Aragunde non lles permitia falar, lle contestaron “Que na Cofradía é onde están os Ladróns e non defenden a nadie”, en clara alusión as dúas imputacións do Patrón Maior de Cambados, e a situación na que se atopa en pleno proceso Xudicial, e que para o asombro dos presentes, parece que todo Cambados coñece menos o noso Alcalde.
 
 
Reunion da Plataforma de Afectados na Illa

Foi nese intre cando os afectados se levantaron do Pleno e decidiron abandonalo despois de que o Alcalde empezara a falar de cara a galería con frases como que “Gracias o PP en Cambados moita xente ten mañan o seu prato de comida na mesa”, ou atacando a oposición o vello estilo do PP “Vos non fixechedes nada no Bipartito e vindes agora con isto”, e finalmente deu paso as votacións da moción mentres os afectados pola regularización abandonaban a sala insultando os membros da corporación do PP, amosando a súa indignación con berros, como fixera o Alcalde anteriormente na intervención da oposición, mentres o Alcalde repetía unha e outra vez polo micro, que no pleno de Cambados os veciños non teñen dereito a falar, e como o seguiran a interromper ia a ter que desaloxar o Pleno, ao que lle responderon os veciños de Cambados afectados pola regularización dende a porta do Salón de Plenos, “tranquilo xa nos marchamos nos, pero as de vir a pedir o voto polas portas das casas”.


Afectados no Pleno de Vilanova onde foi aprobada a moción polo PP
O problema da Regularización das Embarcacións Pesqueiras xa foi levado aos Plenos da maioría dos Concellos do Salnés e do Barbanza, logrando o apoio unanime de todos os partidos, coa excepción do Concello de Vilagarcia onde o PP non aceptou a moción a tramite, e o de onte en Cambados, onde so se aprobou a moción que presentaba o PP, moción feita cara a galería, sen consensuar nin consultar cos afectados, e que non vai solucionar os seus problemas. Isto sendo Cambados un dos Concellos con maior numero de mariñeiros afectados por esta situación, e sendo Luís Aragunde o responsable provincial de Pesca do Partido Popular, ademais de ser empregado durante moitos anos na Lonxa de Tragove, antes de comezar a súa andaina política nas filas do PP.

Para Anova Irmandade Nacionalista, e non solo dende Cambados, se non dende a organización nacional da mesma, apoiamos as reivindicacións por parte dos afectados, e consideramos que o primordial e defender os postos de traballo dos nosos veciños, e así o fixemos saber na nosa organización presentando una proposición non de lei na ultima Comisión de Pesca no Parlamento de Galicia, a través do Grupo Parlamentario AGE, que podes ver neste enlace.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario