3 jun 2013

No aniversario do nacemento do Poeta da Raza, as suas verbas seguenvivas a pesares do transcurrir do tempo


!EN PE¡


¡Irmáns! en pé sereos

a limpa frente erguida
envolta na brancura
da luz que cae da riba


o corazón aberto
a toda verba amiga
en unha man a force
en outra man a oliva
arredor da bandeira azul e branca
arredor da bandeira da Galicia
cantemol -o dereito
a libre nova vida!
Validos de traidores
a noite da frouseira
a patria escravizaron
uns reises de Castela
comestas pol-o tempo
xa aflouxan as cadeas
¡Irmans asovallados
de xentes extranseiras
ergamol-a bandeira azul e branca
¡E o pe da enseña da nazón galega
cantemol-o dereito a libertar a terra!
¡Irmans no amor a Suevia
de lexendaria historia
¡En pé , en pé dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangre quente e roxa
mercamol-o dereito
a libre , honrada chouza!
¡Xa está o vento a banderira azul e branca!......
berremos alto e forte
a nosa terra e nosa!



No hay comentarios:

Publicar un comentario