A viceportavoz de Alternativa Galega de
Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, acusou ao presidente da Xunta de “ser un rei
Midas ao revés” e acabar coas caixas de aforros. Todo isto adobiado coa
habitual restra de mentiras e medias verdades que engalanan a acción de goberno
do señor Núñez e os seus secuaces. Foi na última sesión de control ao xefe de
Executivo no actual período de sesións, cando Alternativa preguntou arredor da
súa estraña querenza por ocultar información ao Parlamento de Galicia. “Cantos
escritos debemos presentar para coñecer os contratos da Xunta co seu amigo
narco Marcial Dorado”, interrogou Díaz. Por suposto, Feijóo non se deu por
aludido.
“Vostede minte, minte e minte”, insistiu a viceportavoz de AGE, desta volta
en relación á actitude do Goberno do PP na fusión e posterior desaparición das
caixas de aforros. “Vostede dixo que a de KPMG era unha auditoría e que avalaba
a fusión. Pois ben, nin era unha auditoría, que era un caderno de vendas, nin
recomendaba unha fusión”. Díaz tamén lembrou que esa falsa auditoría custou
1.300.000 euros de todas as galegas e galegos e que o Goberno non permite o
acceso público á mesma.
A viceportavoz explicou, ademais, que en marzo de 2010, cando se realizou o
informe de KPMG, “todo o mundo sabía que as preferentes eran produtos tóxicos”
e, aínda así, no caderno de vendas de KPMG recomendaban vendelas para facer
fronte aos problemas das caixas. Alternativa Galega de Esquerda non se
considera atinxida pola declaración de “segredos” dos papeis solicitados pola
comisión de investigación das caixas no Parlamento e Yolanda Díaz anunciou que
o grupo parlamentario difundirá publicamente esa información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario