Dende o Grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no
Concello de Cambados queremos mostrar publicamente a nosa indignación polas
continúas escusas e mentiras, que estes últimos días están a utilizar os
dirixentes do PP para tentar explicar e xustificar o inexplicable e
inxustificable; a relación de “ocio” que se demostrou ter entre o actual
presidente da Xunta, Núñez Feijoo e Marcial Dorado, nos anos nos que Núñez
Feijoo ocupaba un alto cargo na Xunta de Galicia, para máis INRI en Sanidade.
A terca realidade deixou en evidencia ao PP e a Núñez
Feijoo, xa que ao final houbo máis anos de relación dos que inicialmente se
recoñeceron, máis encontros dos que se falaron, moitos máis viaxes das que se
dixeran, houbo contratos dos que non se lembra, pero polo contrario, non se esquecía
de que había neve... Demasiada relación e demasiadas viaxes como
para argumentar que só o coñecía “indirectamente”….
A situación agrávase se temos en conta o contexto
daqueles anos, cos Centros de Atención a Drogodependencias comezando a recibir
unha marea de afectados, co VIH-SIDA en plena expansión, e coas nais e pais
manifestándose nas rúas para denunciar os efectos que estaba a causar o
narcotráfico. Nese contexto un alto
cargo de sanidade non pode dicir que “tiña descoñecemento”….
As súas intervencións sobre este tema no parlamento
galego, principal institución de Galicia revelaron a baixa catadura moral e a
falta total de ética que ten, demostrando como lle dixo X. M. Beiras, “que serían capaces de calquer cousa con
tal de manterse no poder”.
Igual o que pasa e que tamén están afectados polo mesmo pecado orixinal que Feijoo e non conseguiron superalo aínda…; non debemos esquecer como naquela época o PP de Cambados agasallaba publicamente a outro narcotraficante condenado, Sito Miñanco.
Dende ANOVA – Cambados vista a traxectoria do PP de Cambados
nestas lides, a falta de autocrítica interna, e o silencio que manteñen sobre
Feijoo, lévanos a concluír que o acto desta semana, acudindo Luis Aragunde a
inaugurar unha exposición organizada pola Fundación Galega contra o
Narcotráfico buscaba máis o silencio da Fundación, a través da colaboración na
mesma a conta dos impostos de tódolos veciños, que a demostración de que o
Concello de Cambados condena as relacións dos políticos co
narcotráfico... A demostración de que
efectivamente a sociedade de Cambados está contra o narcotráfico non son as
inauguracións do alcalde senón que son iniciativas cidadáns como a de DESPERTA
que sen embargo non contan co apoio do PP, MÁIS BEN TODO O CONTRARIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario