ANOVA pregúntanse
onde foron a parar os case 300.000 € que recibiu o concello para a mellora dos
parques infantís nas parroquias do concello.
Dende o Grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no
Concello de Cambados queremos mostrar publicamente a nosa indignación pola
situación na que se atopa o pequeno parque infantil ó carón do Lavadoiro do
Campo da Vila, na parroquia de Oubiña, e que mostra unha situación de total abandono,
invadido de maleza, e cos poucos xogos para nenos que dispón cheos de ferruxe e
descoloridos polo paso do tempo de xeito que presentan un risco para a
seguridade dos rapaces ó tempo que son insalubres.
Por parte do Grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no Concello de Cambados, presentouse ante o rexistro do concello, un escrito denunciando que esta situación, a par que de incumprir totalmente a normativa existente en materia de seguridade dos parques infantís (DECRETO 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís, publicado no DOGA do 09/05/2003), e un risco para a saúde polas consecuencias que pode supor no caso de que un neno que vaia a xogar alí se manque con algún dos xogos, coas responsabilidades patrimoniais e ata penais que tería que asumir o titular do parque, a parte de dar unha imaxe pésima.
Ademais cabe lembrar que no ano 2009, o concello de
Cambados, foi beneficiario dunha axuda do Plan E, a cargo do Fondo Estatal de
Inversión Local, para a mellora dos parques infantís das parroquias deste
concello por 297.680,00 €, e que se fora invertido correctamente este tipo de
axudas, este pequeno parque infantil, non se atoparía nesta situación. Ademais
de que contamos cos alumnos da Escola Taller de Cambados, que podían arranxar e
manter adecuadamente, este tipo de infraestruturas, cun custe moi reducido, e
sen ter que subcontratar o servizo, nin facer inversións de gran volume. A
apatía antes citada nos partidos e personalizada nos susoditos cargos, tamén se
pousa no Concello de Cambados, que descoida sen lugar a dúbidas e como
exemplifica o caso que nos ocupa o mantemento das instalación existentes,
mentres fai esforzos económicos para poder levar a cabo outras grandes obras
que requiren de moito máis financiamento e ós nosos ollos poderían retrasarse
para cubrir outros gastos. Poñamos como exemplo o proxecto da praia artificial,
so temos que comparar custos e beneficios, ese é o principio de racionalidade,
aínda que parece que non chegou á Administración local cambadesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario